Hoxe celebramos a festa dos maios en Leiro. Démoslle a benvida á primavera cantando, facendo colares de flores e vestindo ao maio. Un ano máis darlles as grazas ás profes Ana e Ángeles, que tanto traballo pasan poñendo o noso maio así de precioso. E moitas grazas tamén a Sofía, a mamá de Uriel, que fixo posible, xunto co demais músicos, que a nosa festa se enchera de muiñeiras, jotas, pasosobres... da man do tambor, a gaita, o bombo e as pandeiretas. Moitas grazas a todos por colaborar coa escola na educación dos vosos meniños e meniñas. Que pasedes unha feliz fin de semana. Vémonos á volta, o martes 5 de maio!
Imaxe: Ricardo Liniers Siri
xoves, 30 de abril de 2015
venres, 24 de abril de 2015
xoves, 23 de abril de 2015
CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO 2015
Vaia sorpresa que levamos! Despois da merenda apareceron coma por arte de maxia tres músicos: Montse, Rosana e Jose, acompañados dun saxofón, dunha guitarra eléctrica e dun tambor. Montaron o decorado e nun plis-plas, comezou a actuación. Primeiro cantamos para comezar con bo pé e nesas estabamos cando petaron na porta. E quen era? Un cabaleiro, nun cabaliño montado, que nos falou do Día do Libro e de Cervantes. Co que nos gustan a nós os libros, os contos e as historias! Os músicos de Bremen e A cebra Camila fixéronnos rir e pasalo pipa. Tamén cantamos no intermedio e mesmo rapeamos!! E para acabar, un agasallo: un marcapáxinas dos músicos de Bremen! ( Rodrigo lembrounos que é e como se emprega, por se había algún despistado)
Moitísimas grazas aos tres músicos que con tanto agarimo prepararon esta festa do día do libro: Montse, Rosana, Jose, sodes os mellores. O voso esforzo levou premio: toda unha escoliña chea de nenos e nenas disfrutando co voso traballo. Ata a próxima, cando queirades! Un bico enorme para os tres!
luns, 20 de abril de 2015
martes, 14 de abril de 2015
venres, 10 de abril de 2015
FÉLIX EN BERLÍN
Na derradeira carta que Félix mandou a Sofía desde Australia, prometeulle que ía voltar no seguinte avión á casa porque a botaba moito de menos. Sofía vive en Berlín, a capital de Alemania. Desta vez a Félix non lle fai falta escribir ningunha carta a Sofía. Logo de aterrar no aeroporto de Frankfurt, Félix collerá un tren que o deixará por fin en Berlín. Sofía e papá irán agardalo á estación. Félix trae un mapa con todos os lugares que leva visitado!! Xa de volta á casa, percorrerán xuntos a cidade de Berlín e con eles iremos coñecendo os lugares máis famosos e as curiosidades desta cidade alemana.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



