Imaxe: Ricardo Liniers Siri

sábado, 2 de febreiro de 2013

PREPARANDO O ENTROIDO: O MECO MANDA



A vindeira semana temos que estar desde o luns moi atentos ás ordes do MECO. Cada día daranos unha consigna que teremos que seguir e que será acumulativa á do día seguinte. Aquí volas deixamos para que nos se vos esquezan, xa veredes que ben o imos pasar!

LUNS: ALGO NA CABEZA
MARTES: UNHA FLOR NA ROUPA (pintada, pegada, cosida...)
MÉRCORES: UNLLAS PINTADAS
XOVES: UN BIGOTE PINTADO

Lembrade que as ordes son acumulativas e cada día hai que traer o que toca ese día máis o dos días anteriores.

O venres non haberá que traer nada porque temos a festa de ENTROIDO en Leiro e xa nos disfrazamos alí co disfrace que fixemos no cole. Este ano o tema é KENIA e na nosa escola imos ir disfrazados de FOTÓGRAFOS DE SAFARI.

venres, 1 de febreiro de 2013

HOXE MERENDAMOS...BATIDO DE FROITAS!

Armados cun espremedor eléctrico que nos facilitou moito o traballo, convertímonos en expertos facendo zume de laranxa, ingrediente fundamental para o noso batido de froitas. Unha vez obtido o zume, mesturámolo co resto dos ingredientes : iogur, anacos de pera e anacos de plátano, no vaso da batidora. A profe María deulle ao botón e...batido preparado!! Houbo a quen non lle chistou moito e houbo quen quixo repetir porque dicía que estaba boísimo! O caso é ir probando pouco a pouco novos sabores e texturas. Parabéns, cociñeiros!

xoves, 31 de xaneiro de 2013

CONTOS DE ELEFANTES

Outras dúas recomendacións que nos mandou FÉLIX (e que nos encantaron), esta vez de contos de ELEFANTES: ROSA CARAMELO e CO DEDO NO NARIZ.

RESUMO DO MES DE XANEIRO

Pois xa acabamos o primeiro mes do 2013. Que axiña pasou! A vindeira semana xa entramos no Entroido!! Aquí vos deixamos o resumo de xaneiro.
 


 

mércores, 30 de xaneiro de 2013

DÍA DA PAZ


Lembrades que hai uns días vos dixemos que estabamos a preparar algo especial para o 30 de xaneiro? Pois por fin chegou o día e xa o temos rematado. O noso mural do DÍA DA PAZ xa adorna a parede da nosa escola. Un traballo en equipo feito a partir dun cadro de DALÍ: A rosa meditativa, ao que lle demos un toque especial. Gústavos?

 

Tamén celebramos este día especial cunha festa na que compartimos cos nenos e nenas da outra clase "palomitas", xogamos xuntos e levamos para casa as nosas pombiñas. Feliz día e que os bicos de paz enchan todos os días do ano!
 


 

luns, 28 de xaneiro de 2013

TEMOS VISITA DESDE KENIA


 
Que sorpresa levamos hoxe! Felipe trouxo da súa casa o seu ELEFANTE africano (el asegura que é de Kenia) para que o coñecéramos. O elefante chámase Larry, tróuxollo Papá Noel desde Kenia e saudounos coa súa trompa. Viña acompañado dun libriño que falaba de elefantes. Despois de lelo soubemos que cando teñen calor os elefantes moven as orellas como abanos para refrescarse e que a trompa é unha extensión do seu nariz coa que poden respirar, olfatear, mesmo coller obxectos! Tamén a usan como ducha e cando se mergullan no río sácana fóra da auga para respirar. Aprendemos que estes animais comen herba, froitos, raíces e cortiza das árbores, que arrancan cos seus colmillos. Logo amosámoslle a nosa bóla do mundo e coa trompa sinalounos onde quedaba Kenia. Moi interesante a visita de Larry e o seu libro. Grazas Felipe por compartilo con todos!
 
 

venres, 25 de xaneiro de 2013

RECUNCHO DE KENIA

 
Como xa sabedes, FÉLIX continúa as súas aventuras viaxeiras e este trimestre vai estar en KENIA. Unha vez máis, pedimos a vosa colaboración para crear no cole un recuncho de KENIA. A partir da vindeira semana podedes ir traendo ao cole todos aqueles obxectos que teñades na casa relacionados con este país: libros, fotografías, información de internet, curiosidades, receitas... Calquera aportación sempre é ben recibida. Moitísimas grazas pola vosa axuda!