Imaxe: Ricardo Liniers Siri

sábado, 20 de setembro de 2025

COCHES DE UVAS

 Xa que estamos no tempo da vendima, a nosa primeira proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana tiña que ter uvas como ingrediente principal. Moitas grazas a todas por participar!


Xa están chegando os primeiros coches! Brum, brummmmm!

Lara e os seus amiguiños conducindo os coches de froitas


Eric preparando os ingredientes

Eric e os seus coches de froitas circulando pola estrada de plátano

Alexia e os seus coches de froitas


Lucía e os seus coches de froitas


Carmen e os seus coches de froitas

mércores, 17 de setembro de 2025

OS NOSOS MARCAPÁXINAS

 Estamos personalizando os marcapáxinas que nos agasallou Zapatocas para telos listos e poder empregalos o vindeiro martes. Vaia sorpresa que vai levar cando vexa o coloridos que quedaron!






COMEFROITAS DE SETEMBRO

 Xa temos as primeiras Comefroitas do curso! Parabéns, mociñas!





E máis Comefroitas!












martes, 16 de setembro de 2025

PRIMEIROS DÍAS DE CURSO

 Estreamos curso con moitas ganas de coñecer os compañeiros e compañeiras que van compartir con nós este novo ano escolar. E que mellor maneira que xogando xuntos! 




Hoxe ademais comezamos a ir a Leiro e marchamos cun conto que nos prestou Zapatocas para ler na casa e unha presa de castañas. Coñecimos a biblioteca, a aula de inglés e STEM e quitamos as malas herbas que medraron no xardín e no invernadoiro. Canto traballamos!