O martes pasado Zapatocas quixo celebrar o Día Internacional da muller cunha nova aventura de Daniela pirata ilustrada por Gómez: Daniela e as mozas pirata. Así coñecimos as Pirañas Intrépidas, unhas mozas pirata buscadoras de tesouros que non dubidan en axudar a todos os que van atopando no seu camiño: desde sereas e tritóns ata submarinos e baleas. Cando chega o momento no que elas precisan axuda, Daniela e a súa tripulación saen ao rescate. Vivan as mozas pirata!
Imaxe: Ricardo Liniers Siri
domingo, 10 de marzo de 2024
ILLA DO TESOURO
venres, 8 de marzo de 2024
8M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: OBRADOIRO DE COCIÑA CON MAR, A NAI DE MANU, E ROCÍO, A NAI DE VALERIA
Hoxe recibimos a Mar e Rocío, as nais de Manu e Valeria. Viñan cargadas con todo o necesario para facer un obradoiro de cociña moi especial preparado cun agarimo extraordinario. Que ganas tiñamos de participar e de ver como ían aparecendo as madalenas e as gominolas como por arte de maxia. Estaba todo ben saboroso e aínda sobrou para levar para á casa e compartilo en familia. Moitas grazas por participar nestas xornadas para poñer en valor as mulleres das nosas vidas. Sodes fantásticas!
xoves, 7 de marzo de 2024
8M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: EXPERIMENTOS CON ANDREA, A NAI DE ADÁN, E PATRI, A NAI DE LARA
Hoxe convertimos a nosa escola nun laboratorio. Andrea e Patri, as nais de Adán e Lara, chegaron cargadas de material para facer experimentos. Con elas descubrimos o fluido non newtoniano, fantasmas espumosos, como trasfegar auga dun vaso para outro cunha palliña e debuxos que flotan como barcos. Moitísimas grazas por vir pasar este ratiño con nós e polo extraordinario agarimo con que preparáchedes todo. Sodes fantásticas! Esperamos que o pasárades tan ben coma nós!
mércores, 6 de marzo de 2024
8M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: MÚSICA CON ALBA, A TÍA DE PABLO
Hoxe coñecimos a Alba, a tía de Pablo. Chegou cargada de sorpresas e cada vez que nos descubría unha nova, a nosa clase enchíase de maxia: música, baile, movemento, luces, instrumentos musicais... E todo preparado cun agarimo extraordinario. Moitísimas grazas, Alba! Encantounos coñecerte e pasar este ratiño contigo.
venres, 1 de marzo de 2024
SALÓN DO LIBRO 2024
Hoxe inaugurouse o Salón do Libro de Pontevedra, que chega este ano á súa 25 edición. Do 1 ao 17 de marzo o Pazo da Cultura de Pontevedra encherase de MAXIA: libros, presentacións de novidades, contacontos, teatro, música...





















