Imaxe: Ricardo Liniers Siri

sábado, 18 de xuño de 2022

OS XEADOS DE FROITAS DE MARTÍN

 Martín foi o primeiro en estrear os moldes para xeados dos Comefroitas! A receita que empregaron el e máis a súa avoa Nieves para facelos foi unha mestura de framboesas, leite, azucre e zume de laranxa na termomix. Quedaron de rechupete!! Moitísimas grazas a Martín e a súa familia por compartir a súa receita!!




venres, 17 de xuño de 2022

DÍA ESCOLAR DA FROITA

 O Día da Froita chegou cargado de cor! Froitas na roupa, na merenda, nos debuxos, nos bailes... Os Comefroitas mandaron un agasallo para cada un e o Trofeo Comefroitas para toda a clase por ter traído tanta froita á hora da merenda ao longo do curso e completar o Álbum de selos dos Comefroitas: A banana dourada!

E sabedes que agasallo era? Un molde para facer xeados de froitas agora que chega o verán! Cun código QR con moitas receitas ben saborosas! Se queredes compartir con nós as fotos dos xeados ou as vosas receitas favoritas, mandádeas ao noso correo.















Picade na imaxe para ir ás receitas dos xeados de froitas











xoves, 16 de xuño de 2022

CADERNO DE CAMPO PARA IR NA PROCURA DAS 7 HERBAS DE SAN XOÁN

 Achégase a noite de San Xoán e para seguir coa tradición de buscar as sete herbas máxicas e deixalas en auga fóra para lavar a cariña a mañá do día seguinte fixemos un caderno de campo. A tardiña do 23 de xuño podemos ir en familia buscar as sete herbas e ir marcando no caderno cales imos atopando ata apañalas todas. Animádesvos? Mandádenos fotos! 

E que non falten as fogueiras e as sardiñas asadas! 












A ÁRBORE DA ESCOLA

 A Jacaranda mimosifolia que temos na nosa escola floreceu e encheu de cor o noso patio alfombrando de flores o chan. Hoxe xogamos a recollelas e facer choivas de pétalos. E aproveitamos para facer a foto de grupo de fin de curso baixo a súa sombra. Xa chega o verán!









mércores, 15 de xuño de 2022

ACABA A NOSA VOLTA AO MUNDO

 A nosa volta ao mundo durou un curso enteiro e hoxe rematou voltando con Phileas Fogg a Londres e recuperando a súa fortuna. Mirade que foi o que máis nos gustou...

O noso amigo Phileas Fogg, londinense e moi puntual


Os cabaleiros do Reform Club retan a Phileas Fogg: poderá 
dar a volta ao mundo en 80 días?




Comeza a viaxe: 1, 2, 3...80 días!



Viaxaron en barco



Viaxaron en tren



Coñeceron lugares como Exipto



Rescataron a Aouda na India



Aouda convertiuse en compañeira de viaxe




Xuntos descubriron lugares marabillosos



80 días despois chegaron a tempo 
para gañar a aposta e Phileas Fogg e Aouda casaron




Quedamos tamén co que di a canción Sílbame: a importancia de ser amigos e axudarnos na aventura da vida.




Aouda e Phileas Fogg

MATEO E O OVO AZUL

 Hoxe Mateo trouxo para amosarnos un ovo de galiña de cor azul e outro moreno para comparalos. Sabíades que había galiñas que poñían ovos azuis?






COMEFROITAS DO MES DE XUÑO

 E os primeiros Comefroitas en acadar a súa coroa o mes de xuño son...Alicia e Nicolás! Parabéns, mociños!