Hoxe celebramos na nosa escola un obradoiro de alimentación saudable organizado pola ANPA do noso CRA. Primeiro fixemos un xogo con verduras, froitas e hortalizas e comprobamos se aboiaban ou afundían e rematamos elaborando unhas tostas saudables con ingredientes variados: pan, froita, sementes, queixo, crema de cacahuete, iogur...Como nos dixo Laura: non nos ten que gustar todo. Pero para saber se nos gusta ou non, temos que probalo!
Imaxe: Ricardo Liniers Siri
venres, 10 de xuño de 2022
E TI DE QUE TRIBO ES?
Cadaquén decidiu o seu nome indio. Como sabemos que a eles lles gusta moito a natureza, buscamos palabras relacionadas con ela: Camelia Roja, Cobra Azul, Pinza de Nécora, Lobo sentado, Cobra morada, Mariposa arco iris, Pluma de Hierba... E caracterizámonos con pinturas na cara e no cabelo e unha chea de plumas de cores...
luns, 6 de xuño de 2022
YAYOI KUSAMA E AS CUNCHAS DE VIEIRA
Coa profe Olalla estivemos pintando cunchas de vieira coa técnica de Yayoi Kusama. Quedaron ben coloridas! E que mellor que sacarlles unha foto co faro tan precioso que fixeron Martín e a súa nai mirando un libro da mochila viaxeira que levou a semana pasada. Encantounos!
XA TEMOS O NOSO MENÚ DE BOCATAS!
Este curso engadimos cinco novos e saborosos bocatas á nosa bocatería "Dando a lata co bocata". Levades o menú hoxe na mochila. Escaneade o código QR para descubrilos. Animádevos a probalos!
domingo, 5 de xuño de 2022
E CHEGAMOS A AMÉRICA!
Na nosa volta ao mundo con Phileas Fogg chegamos a América e percorrendo Estados Unidos de costa a costa no tren topamos cos indios e os búfalos. Investigamos un pouco e coñecimos tres famosos xefes indios sioux: Toro Sentado, Caballo Loco e Nube Roja. Aprendimos a debuxar un indio co poema de Gloria Fuertes: Cómo se dibuja un indio e na hora do conto limos A Gran Tribo.
.jpeg)

.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)





.jpeg)
.jpeg)





.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)
.jpeg)
