Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 10 de maio de 2022

O BOCATA DE LATA DE...ADRIANA

 Presentamos a receita do bocata MEIXIBA, elaborado por Adriana e a súa familia onde o protagonista é o mexillón en conserva. Se queredes probalo non tedes máis que preparar os ingredientes necesarios, seguir as súas instrucións e xa o tedes listo para comer. Bo proveito, peixiños!






luns, 9 de maio de 2022

IMOS AOS MUÍÑOS DO BATÁN E Á CARBALLEIRA

 Por fin chegou o día no que puidemos facer unha saída pola contorna cos compañeiros e compañeiras da outra clase. Saímos rumbo aos muíños do Batán camiñando en parellas, escoitando o canto dos paxaros, o son das campás da igrexa, a auga do río Umia ao pasar polos muíños... Un día de sol no que observamos a primavera en todo o seu esplendor e rematamos merendando e xogando á sombra dos carballos da Carballeira de Ribadumia. 





























sábado, 7 de maio de 2022

SAKURA OU A FESTA DAS CERDEIRAS EN FLOR


A chegada da primavera celébrase en Xapón indo pasear en familia e coas amizades para ver as cerdeiras en flor que enchen de color os paseos. 
Nós quixemos decorar uns abanos típicos deste país coas flores das cerdeiras e polo outro lado un debuxo dalgo que nos gustase moito. Xa queda pouco para acabalos e poder empregalos, que coa calor que vai estes días vannos vir moi ben!


















DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022: FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

 Este 2022 homenaxea o escritor Florencio Manuel Delgado Gurriarán no Día das Letras Galegas. Soubemos máis del lendo a biografía que facilitou o Seminario Galán e achegámonos aos seus poemas para participar no Concurso das Letras Galegas 2022 organizado pola ANPA do CRA de Ribadumia.













martes, 3 de maio de 2022

MI AMIGO EXTRATERRESTRE

 Que importante aprender a pensar por un mesmo e non seguir o que din os demais sen reflexionar antes! O extraterrestre de Rocío Bonilla axúdanos a poñernos na pel dos demais, a ser críticos con situacións inxustas que suceden e que podemos cambiar, a non ser cómplices dos abusos, a formar parte do cambio para mellorar o mundo que nos rodea. 


XOGOS CHINESES

 Soubemos de tres xogos que se inventaron na China: o dominó, o tangram e o mikado. Xogamos con eles e descubrimos que hai moitos tipos de dominós: con puntiños, con debuxos de froitas, formas, animais... O mikado é un xogo ao que hai que xogar con moito coidadiño. Non é nada doado!



CONCURSO DESEÑA UNHA XOIA PARA A TÚA NAI 2022


 Estes foron os fantásticos deseños cos que participamos no concurso Deseña unha xoia para a túa nai, convocado polo Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia. Dous deles, o de Sofía e Atenea, quedaron finalistas e recibiron cadanseu  diploma e agasallo. Parabéns, mociñas!



Parabéns, Sofía!

Parabéns, Sofía!



Parabéns, Atenea!