Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 11 de outubro de 2019

FACEMOS IOGA

De vez en cando facemos ioga. Gústanos moito este vídeo. Por se queredes probar na casa, aquí volo deixamos.







martes, 8 de outubro de 2019

LÚA

Coñecedes o conto de Lúa? Pois preguntade a calquera da nosa clase, que axiña volo contan-cantan! Lúa e os seus amigos chegaron para quedar.





venres, 4 de outubro de 2019

MOITO OLLO CO ABROLLO!





No Faro de Vigo do martes pasado vimos unha noticia que falaba do abrollo e puxémonos a investigar un pouco máis sobre esta planta. A profe trouxo nunha caixa transparente un anaco con varias sementes para poder observalas e...vaia pinchos que teñen! O abrollo é o responsable da chea de pinchazos que houbo ultimamente nas bicicletas que pasean por Vilagarcía. Hai que andar con moito coidado se a vemos porque pode pincharnos os pés se imos descalzos e ter conta das nosas mascotas porque se as pisan poden mancarse nas patas. Así que xa sabedes: moito ollo co abrollo!









NAVES ESPACIAIS

Canto nos gustou este libro! 


E despois debuxamos marcianos. Como nunca vimos ningún, puxémoslles ollos, brazos, antenas, patas e todo o que se nos foi ocurrindo. Un variado de marcianiños!



sábado, 28 de setembro de 2019

FESTA DO DEPORTE 2019 CONCELLO DE RIBADUMIA

O Concello de Ribadumia celebrou a Festa do deporte o venres pasado e convidounos a participar. No pavillón e no Auditorio practicamos diferentes deportes, algúns coñecidos e outros novos. Non paramos máis que para merendar e repoñer forzas. Deixámosvos as fotos e os vídeos para compartilos en familia.