Hoxe comezamos os martes de ir a Leiro. Alí temos a nosa biblioteca onde Zapatocas nos recibiu para coñecernos e falarnos das normas. Fixemos o marcapáxinas e collimos un libro en empréstito. O vindeiro martes traerémolo de volta na súa bolsa vermella para cambialo por outro diferente. Tamén estivemos na aula de inglés, coa profe Ana coñecendo os segredos da horta e na aula de informática. Vaia mañá completa!
Imaxe: Ricardo Liniers Siri
martes, 24 de setembro de 2019
venres, 13 de setembro de 2019
COMO TE CHAMAS? NOMES NOVOS
Cada curso o noso grupo refaise e aparecen novos amigos e amigas. Temos moitos nomes que aprender e que mellor maneira que facer unha lista con eles para irmos familiarizándonos con eles.
xoves, 12 de setembro de 2019
EMPEZAMOS!
Primeiro día de vir á escola, reencontrarnos cos amigos e coñecer cariñas novas. Á hora da merenda compartimos unhas brochetas de froita que trouxo Joel para convidarnos porque hoxe estreaba os seus 5 anos. Que maior! Moitas grazas a Joel e á súa familia. Estaban moi boas! E despois, aproveitando que facía sol, saimos ao patio a xogar. Benvidos ao novo curso!
venres, 6 de setembro de 2019
CHEGA O CURSO 2019-2020! AVISO IMPORTANTE
O día 11 de setembro haberá dúas reunións:
- Reunión na Escola de Ribadumia, cada grupo coa súa tirora, ás 10 horas.
- Reunión xeral informativa de principio de curso na Sede do CRA, en Leiro, ás 11:30 horas.
Agardámosvos! Non faltedes!
xoves, 5 de setembro de 2019
mércores, 24 de xullo de 2019
PRAZOS SOLICITUDES BOLSAS DE MATERIAL ESCOLAR, ESCOLA DE OCIO E PROGRAMA MADRUGA CURSO 2019/20
O Concello de Ribadumia ten aberto o prazo para solicitar Bolsas de material escolar para Educación Infantil, Primaria e Secundaria (ATA O 20 DE AGOSTO).
Se queredes apuntarvos na Escola de Ocio e no Programa Madruga para o curso 19/20 tamén vos informan no Concello.
xoves, 11 de xullo de 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


