Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 7 de febreiro de 2019

A RECEITA DE LOIS

Benvidos á receita de Lois! Mirade que fideuá de berberechos cociñou a nai de Lois e que receita tan ben explicada para todos os que queirades preparala.


Lois probou por primeira vez a fideuá con berberechos que fixo a súa nai polo Nadal e gustoulle moito. Sen esquecerse dos ovos recheos, que xa os probara e seguen encantándolle. A avoa de Lois, que tamén é unha cociñeira de dez, fixo camaróns e bacallau ao forno, que Lois xa probara e lle gustaban. O pastel de surimi non quixo probalo e os langostinos ao forno non lle gustaron. Pero os arroaces de seguro que están ben contentos con el!
Ovos recheos

Pastel de surimi

Camaróns

Langostinos ao forno

Bacallau ao forno

Lois comendo bacallau ao forno

Lois comendo bacallau ao forno

Ameixas á mariñeira

Lois probando as anchoas

Lois probando as anchoas



A RECEITA DE VÍCTOR

Benvidos á receita de Víctor! Se queredes aprender a facer Tutmanik, non vos perdades a receita de Víctor e a súa nai Ivelina. E se o acompañades cuns xurelos fritos, unha delicia!


O arroaz Víctor comendo uns xureliños fritos

A RECEITA DE DIEGO

Benvidos á receita de Diego! Preparádevos para aprender a facer unhas navallas á plancha riquísimas coa receita da avoa Carmen!


Diego ten a sorte de ter dúas avoas cociñeiras de primeira. A avoa Mercedes cociñou centolo e cigalas,  Diego animouse a probalas por primeira vez e...gustáronlle! O boi xa o tiña probado e tamén lle gustaba. A avoa Carmen preparou os langostinos que lle gustan a Diego e fixo vieiras e mexillóns á vinagreta que non lle chistaron moito. Pero Diego é un arroaz de primeira e de seguro que a próxima vez se anima a probalos.

Centolo

Centolo

Diego probando o centolo

Diego probando o centolo

Cigalas

Mexillóns á vinagreta

Langostinos

Vieiras

Canto marisco!

A RECEITA DE CARLA

Benvidos á receita de Carla! Se queredes facer un polbo á feira ben rico como o que cociña a súa avoa non tedes máis que seguir os pasos da súa receita.



Carla probando a empanada de xoubas

Carla e as xoubas


Este Nadal Carla comeu langostinos que preparou a súa nai e que lle encantan pero ademais probou por primeira vez o polbo, os camaróns e a empanada de xoubas que fixo a avoa e que lle encantaron. Bravo pola arroaz Carla!

Carla e os camaróns



A RECEITA DE MANUEL

Benvidos á receita de Manuel! Das ameixas á mariñeira que preparou a súa nai Rocío non quedou nadiña. Apuntade a receita porque están ben saborosas.


No Nadal Manuel probou por primeira vez as ameixas e os camaróns e encantáronlle! O polbo que cociñou a avoa xa o probara e xa sabía o bo que estaba. O bacallau á galega que fixo mamá non lle gustou moito pero Manuel vai camiño de ser un gran arroaz.

A RECEITA DE LÍA

Benvidos á receita de Lía! Se queredes aprender a cociñar unhas vieiras ao forno ben boas, tomade nota da receita da súa avoa Dina.

Ademais, Lía probou no Nadal rape, ameixas e linguado que tamén preparou a avoa Dina e unhas sardiñas que fixo o seu pai. E como unha arroaz de primeira que é, gustoulle todo moitísimo!

A RECEITA DE LEO

Benvidos á receita de Leo! Coa receita de rape con ameixas que preparou o seu amigo Pablo aprenderedes a facer un prato ben saboroso.