Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 15 de xuño de 2018

ELISA E O RATIÑO PÉREZ


OS LIBROS DA MERENDA

Hoxe queremos recomendarvos unha colección de contos que nos gusta moito: Os libros da merenda.
Nós no cole só temos catro títulos pero en canto poidamos temos que conseguir os demais. Son contos pequenos, escritos con rimas, de debuxos sinxelos e moi divertidos. Unha boa opción de lectura agora que chega o verán!


xoves, 14 de xuño de 2018

XA CHEIRA A SARDIÑAS!

BREIXO TRAE OVOS DE CHOCOS



Hoxe Breixo trouxo ovos de chocos para que coñecéramos de primeira man como son. Tocámolos e eran suaves e brandos, estaban fríos e escorregadizos e manchaban as mans de negro! Abrimos un para ver que tiña dentro e parecía xelatina. Breixo contounos que seu pai vai facer un vídeo de como nacen os choquiños para que poidamos velos. Tamén buscamos na Guía que temos na clase e Breixo díxonos que a foto que máis se parecía aos chocos era a da lura.

O vídeo de como nacen as sepias no Acuarium Finisterrae


A CEBRA CAMILA


FESTIVAL SOLIDARIO II SOLIFESTI

Se tedes ocasión, achegádevos esta tarde ao Festival Solidario no Campo da Festa do Mosteiro (Meis) ás 19:00. Recadación de fondos para o pobo sirio.


mércores, 13 de xuño de 2018

CONTACONTOS: LIMÓN DE ÓSCAR VILLÁN

Coa chegada das cereixas e dos amorodos, o Limón de Óscar Villán fíxose limonada no contacontos que houbo hoxe na Escola de Ribadumia. Vaia merendola!