Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 8 de marzo de 2017

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER




Hoxe celebramos o día internacional da muller con melindres que trouxo a profe María e galletas que fixeron Hugo e a súa nai. Falamos de cantas mulleres hai no cole, cantas mulleres hai nas nosas casas... E vimos un vídeo-conto: Una feliz catástrofe, que nos serviu para falar do papel da muller-ratiña, de como salvou a súa familia, da importancia de repartir as tarefas no fogar entre todos os membros da familia e de como unha catástrofe, que en principio é algo malo, pode convertirse nunha oportunidade para o cambio a mellor.






ENTROIDO GALEGO

Rematamos o libriño no que coñecimos algúns dos personaxes do Entroido galego. Grazas ao material do CRA de Bergondo que miramos no seu blog de Audición e Linguaxe, e co que aprendimos moito! Desde Ribadumia B mandámoslles un bico!


venres, 3 de marzo de 2017

ESCAQUIS, ROMEU E O XVIII SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA: O MUNDO QUE QUEREMOS.


Picando na imaxe accederedes ao programa da XVIII edición do Salón do Libro de Pontevedra, que este ano leva como título: O mundo que queremos e que se celebrará do 10 de marzo ao 2 de abril. Xa levamos un tempo traballando no cole o libro que será o fío condutor do salón: Escaquis e Romeu, e que nos enviou o noso amigo o lobo ORBIL. Como é unha historia un pouco longa para nós, fixemos unha adaptación axudados polas ilustracións de Jacobo Fernández Serrano. Así puidemos coñecer a fantástica historia do barbeiro Romeu e de como apareceu Escaquis na súa vida.
Este ano participamos tamén no Salón do Libro cunha maqueta da nosa visión do mundo que queremos e como traballamos para conseguilo desde a escola. A maqueta formará parte da exposición no Pazo da Cultura de Pontevedra.





Deixámosvos a nosa adaptación do libro de Escaquis e Romeu. Non deixedes de ler a historia completa!























CONTO DE ENTROIDO: O OVO PERDIDO

Un ano máis presentámosvos o noso conto de Entroido, inventado por nós e montado coa axuda da profe. Agardamos que vos guste!





















LÚA, DE ANTONIO RUBIO E ÓSCAR VILLÁN


FOTOS DO ENTROIDO

Hoxe Breixo compartiu con nós as fotos do Entroido. Que ben o pasaron!! El e a súa familia disfrazáronse de trolls e xuntáronse cunha chea de amigos e amigas do CRA de Ribadumia que tamén se disfrazaron e montaron unha comparsa chulísima de trolls. Coñeciamos un montón!! Estades guapísim@s!!


O KIWI GALEGO

Seguimos coñecendo Galicia e no libro que nos deixou Zapatocas, na letra K atopamos o kiwi galego. Hoxe probámolo á hora da merenda. Non quedou nadiña! É que os kiwis da casa da profe María están boísimos!!