Incrible pero certo! Hoxe a profe Rosana tróuxonos unha sorpresa en forma de correo electrónico. O noso Félix modernizouse desta volta e decidiu enviarnos novas desde o Caribe para a clase de música nunha "carta polo ordenador". A carta traía unha foto de Félix nunha hamaca, colgado dun coco sobre o azul do Mar Caribe, que nos deu moooooita envexa. E ademais unha canción moi divertida que xa estamos cantando e bailando coa profe Rosana. Queredes coñecela? Aquí vola deixamos. Gambas e caranguexos...a bailaaaaar!!!!
Imaxe: Ricardo Liniers Siri
xoves, 15 de maio de 2014
martes, 13 de maio de 2014
LETRAS GALEGAS 2014: XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas e este ano o autor homenaxeado é o poeta Xosé María Díaz Castro. No cole estamos coñecendo a vida e a obra deste autor axudados polo material que cada ano elabora o Seminario Galán. O LIM co conto da súa biografía e as actividades para traballar na pizarra dixital estanos dando moito xogo. Picade na imaxe se queredes acceder a estes recursos desde a casa.
Tamén hoxe en Leiro descubrimos, grazas a María, unha nena da escola de Leiro, que unha cadea de supermercados fixo unhas bolsas para a compra na que aparecen versos dos poemas de Díaz Castro. María recortou a bolsa e no cole, no libro NIMBOS, escrito polo poeta homenaxeado, atopamos o poema completo, que se titula Coma un río.
Anxo e Adrián trouxéronnos máis bolsas do súper con poemas de Xosé María Díaz Castro.
Xosé María Díaz Castro escribiu un libro de poemas: NIMBOS. O poema máis famoso deste libro é PENÉLOPE, musicado no vídeo por Fuxan os Ventos.
venres, 9 de maio de 2014
FESTA DOS MAIOS 2014
Esta mañá celebramos en Leiro a festa dos Maios. Nun día soleado e caloroso preparamos o maio coa axuda da profe Ángeles e da profe Ana, que fixeron a parte máis laboriosa (moitas grazas polo voso traballo, profes!!). Cadenetas de flores mesturadas con contos e coroas tamén de flores para o cabelo foron os obradoiros desenvolvidos durante a mañá, cun descansiño para merendar os biscoitos, tortas e bocatas cos que nos convidaron os nenos e nenas de cinco anos. A parte final da mañá, xa co maio adornado e colocado á sombra do carballo foi a mellor. Animados coas cancións do grupo Alecrín, que con tanto agarimo as prepara cada ano para cantar con nós, cantamos e bailamos A Carrasquiña, O Pirimpinpín, A saia da Carolina, A Rianxeira... e acabamos cantándolle ao maio: "Levántate maio, que tanto durmiches, pasou o inverno, e non o sentiches...". Aquí vos deixamos as fotos!
mércores, 7 de maio de 2014
PREPARANDO OS MAIOS
Ao longo desta semana estamos ensaiando as cancións para cantarlle ao noso maio o vindeiro venres, día da festa. Os maiores lembrándoas e aprendéndollas aos máis pequenos. Deixámosvos o vídeo coa canción do Xogo da Carrasquiña, que bailamos xa fenomenal.
FÉLIX NO CARIBE
Canso do frío do Polo Norte, Félix colleu un barco e puxo rumbo ao Mar Caribe: illas e praias paradisíacas, cocos, mergullo... Xa estamos preparados para unha nova aventura, esta vez con bo tempo!! Sol, soliño...
COMPARTINDO EXPERIENCIAS
Á volta da ponte do primeiro de maio, Rodrigo tiña moitas ganas de compartir con nós a súa viaxe a Madrid e que mellor maneira que contándonos a todos a visita coa súa familia ao Zoo. Trouxo ademais unha foto que fixeron co golfiño do acuario. E falounos de xirafas, tigres, osos pandas e pardos, koalas e mesmo ornitorrincos!
martes, 6 de maio de 2014
O SABICHÓN E OS BOLECHAS
No AUDITORIO MUNICIPAL DE RIBADUMIA, o vindeiro sábado temos a oportunidade de pasar a tarde cos Bolechas. Non volo perdades!!
Sábado 10 de maio, as 19:00 horas "O SABICHÓN E
OS BOLECHAS". O programa Falaredes da Xunta de
Galicia trae este teatro-concurso para os máis
pequenos e as súas familias. Entrada libre.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













