Cada día imos vendo algún material máis sobre Xapón que vai chegando das nosas casas ao recuncho do cole. Hoxe miramos un cadro que trouxo Uxía que ten letras xaponesas e un alfabeto e kanjis que trouxo Oliver. Logo tentamos escribir nós en xaponés cun pincel e témpera negra porque soubemos que en Xapón consideran a escritura unha arte e máis que escribir parece que debuxan co pincel e a tinta. Oliver aínda nos tiña una sorpresa máis: un reloxo precioso con debuxos xaponeses e un traxe que non dubidou en probar para facernos de modelo, ollos xaponeses e konnichiwa incluídos!!
Imaxe: Ricardo Liniers Siri
venres, 25 de outubro de 2013
ESCRIBIMOS EN XAPONÉS
Cada día imos vendo algún material máis sobre Xapón que vai chegando das nosas casas ao recuncho do cole. Hoxe miramos un cadro que trouxo Uxía que ten letras xaponesas e un alfabeto e kanjis que trouxo Oliver. Logo tentamos escribir nós en xaponés cun pincel e témpera negra porque soubemos que en Xapón consideran a escritura unha arte e máis que escribir parece que debuxan co pincel e a tinta. Oliver aínda nos tiña una sorpresa máis: un reloxo precioso con debuxos xaponeses e un traxe que non dubidou en probar para facernos de modelo, ollos xaponeses e konnichiwa incluídos!!mércores, 23 de outubro de 2013
O OVO DO DRAGÓN
Falando de como nacían os dragóns, Atenea díxonos que dun ovo. Arón engadiu que dun ovo verde que cheira moi mal. E Rodrigo que el sabía que os ovos de dragón eran de moitas cores. Así que con toda esta chea de información, pintamos o ovo de dragón como máis nos gustou e o dragonciño saíndo del. Agora xa os temos na casa. Teremos que vixialo ben, non vaia ser que ande a facer trasnadas como o que lle entrou na casa á bruxa Brunilda!
martes, 22 de outubro de 2013
HOXE EN LEIRO: CARPAS, BRUXAS E ADIVIÑAS
Andamos a voltas cunha adiviña. Cada día aprofe vainos ir dando pistas a ver se sabemos quen é. A pista dobre de hoxe foi: Ten ollos de gato e bigotes de carpa. Quen será? Un rato?, preguntou alguén. Uy, non! Temos que seguir pensando!
E falando de carpas, a profe Ana amosounos as que chegaron a semana pasada e que en breve pasarán a vivir no estanque do noso xardín. Nerea díxonos que ela ten na casa tres carpas moi semellantes a esas.
Logo a bruxa Brunilda contounos o que lle pasou o día que lle entrou na casa un dragonciño que perderá á súa mamá. Menos mal que ao final deron con ela! As aventuras de Brunilda e o seu gato Bruno sempre nos fan rir. Na biblioteca de Leiro temos toda a colección. Cando queiramos levala á casa non temos máis que pedila.
luns, 21 de outubro de 2013
CANCIÑO DE ORIGAMI
Aquí estamos cos nosos canciños de origami, unha arte de orixe xaponés que consiste no pregado de papel, sen empregar tesoiras nin pegamento, para obter figuras de formas variadas. A avoa de Sakura é unha grande especialista nesta arte e está aprendendo a Félix. E nós con eles!
venres, 18 de outubro de 2013
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













