Hoxe despedímonos do profe Sergio cunha aperta moi grande e moitos desexos de que lle vaia moi ben no seu vindeiro cole. Grazas polo tempo que pasaches con nós, profe Sergio!!!
Imaxe: Ricardo Liniers Siri
venres, 18 de outubro de 2013
HOXE COCIÑAMOS: SUSHI SANDWICH E FIDEOS XAPONESES
Vaia merenda rica a de hoxe! Xa sabemos que o sushi xaponés fano con arroz, alga comestible e outros ingredentes. Pero nós fixémolo con pan, xamón e queixo e quedounos ben rico. O mellor: comelo cos palillos... vaia festa! Necesitamos moita concentración para conseguir coller a comida e achegala á boca. Mentres, os fideos facíanse na tarteira. Lara e a súa mamá trouxéronos fideos xaponeses esta semana para o recuncho e hoxe probámolos. Non quedou nadiña! A verdade é que estaban deliciosos.
mércores, 16 de outubro de 2013
A PROFE MONTSE TRÁENOS A...COCO, CANELA Y ANÍS!!
Vaia cos amigos que viñeron hoxe coa profe Montse!! Coco, Canela e Anís chegaron á nosa aula co seu segredo e fixéronos rir coma nunca. Moitísimas grazas, profe Montse polo agarimo co que nos contas os contos dos mércores!!!
OS NOSOS PELUCHES PREFERIDOS
Na carta que mandou Félix, o peluche preferido de Sofía, contounos que a súa amiga xaponesa Sakura tiña desde pequeniña una boneca kokeshi moi especial. As bonecas kokeshi, tradicionalmente feitas en madeira por artesáns, agasallábanse aos meniños e meniñas de Xapón cando nacían para desexarlles boa sorte na súa vida.
Falando de peluches e bonecas, no cole pensamos que sería una moi boa idea convidar ao noso peluche preferido a pasar un día con nós na escola. E hoxe foi ese día especial. Con moito agarimo presentamos os nosos peluches aos compañeiros e xogamos con eles ás agachadas. Con todos metidos nun saco, tentamos adivinar de quen era o peluche que sacaba cada un. Logo fixemos fotos de recordo. Mirade que chuladas!!
martes, 15 de outubro de 2013
XOGANDO COAS VOGAIS
Para cantar...
e para xogar. Picade aquí para ir ao enlace e una vez alí picade en: Ir a la aplicación
e para xogar. Picade aquí para ir ao enlace e una vez alí picade en: Ir a la aplicación

AL CORRO DE LAS PALABRAS: HAIKUS
Hoxe na biblioteca ZAPATOCAS tíñanos preparado un conto especial: AL CORRO DE LAS PALABRAS, un libro de Antonia Rodenas, fermosamente ilustrado por Carme Solé Vendrell, á que lle acaban de conceder por segunda vez o Premio Nacional de Ilustración. Noraboa Carme!!
En forma de haikus, una forma de poesía tradicional xaponesa, o libro fai un percorrido polas estacións do ano. Nós escollemos un haiku moi outonal que nos gustou moito e que fala de saltar nos charcos coas botas novas. E é que... a quen non lle gusta saltar nos charcos?
domingo, 13 de outubro de 2013
A LENDA DA CARPA QUE SE CONVERTIU EN DRAGÓN
A carpa é un peixe que na cultura xaponesa está asociado á forza, á perseverancia e á sabiduría. Neste vídeo podedes ver e escoitar a lenda da carpa que se convertiu en dragón.
Tamén vos deixamos as fotos do dragón que fixemos no cole. A que quedou bonito?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








