Imaxe: Ricardo Liniers Siri

sábado, 31 de xaneiro de 2026

A POMBA DA PAZ


 O pasado 30 de xaneiro celebrouse o Día da Paz e da Non Violencia. No cole limos o conto La paloma de la Paz e así foi como nos enteramos de que está moi cansa porque non lle fan caso e as guerras, as pelexas e as faltas de respecto nunca se acaban. A única maneira que temos de axudala é converternos nos seus axudantes e comprometernos a facer algo para mudar esta situación. Cadaquén pensou en como podería axudar e saíron respostas ben interesantes: vou tentar non pelexar coa miña irmá, vou xogar co meu irmán ao fútbol respectando as normas, voulle dar de comer e coidar a miña mascota, vou axudar a miña amiga cando se fai dano, vou ler coa miña amiga un conto, vou coidar o bebé...

Porque xente pequena facendo cousas pequenas pode transformar o mundo, queremos formar parte desa transformación e contribuír desde ben pequenos a facer do mundo un lugar onde todos nos sintamos respectados. Apuntádesvos?









mércores, 28 de xaneiro de 2026

PREPARANDO O NOSO CONTO DE ENTROIDO

 Como cada Entroido, estamos preparando o noso conto, no que somos protagonistas: inventamos, escribimos, coloreamos, decoramos e contamos. Temos moitas ganas de amosárvolo! En canto o teñamos listo, publicarémolo.






sábado, 24 de xaneiro de 2026

AVESTRUZ

 



A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer unha avestruz. Moitas grazas a todas por participar!


Lucía e a súa avestruz


Carmen e a súa avestruz



Gael e a súa avestruz

Alexia e a súa avestruz



Eric e a súa avestruz



Elia e a súa avestruz



martes, 20 de xaneiro de 2026

MAMÁ PINGÜÍN É A MELLOR

 Hoxe, Día dos Pingüíns, Zapatocas tiña preparado un conto moi especial con sorpresa: aprender a debuxar pingüíns!









domingo, 18 de xaneiro de 2026

PINGÜÍN

 


A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer un pingüín de froitas. Moitas grazas a todas por participar! 


Lucía e o seu pingüín de froitas




Carmen e o seu pingüín de froitas



Eric e o seu pingüín de froitas



Lara e o seu pingüín de froitas



Dani e o seu pingüín de froitas



Elia e o seu pingüín

xoves, 15 de xaneiro de 2026

RODRIGO FAI 5

 Hoxe acompañamos a Rodrigo nas súas cinco voltas ao redor do sol: cantamos, aplaudimos e celebramos. Parabéns, Rodrigo! Canto medraches!









martes, 13 de xaneiro de 2026

AGUSTINA SE MUDA AL POLO NORTE

 



Hoxe na biblioteca Zapatocas tiña unha selección de libros de inverno preparados e moitas ganas de presentarnos a súa amiga Agustina, unha pingüín que ten que mudarse ao Polo Norte e que nos conta a súa viaxe e todas as sorpresas que lle agardan alí.





sábado, 10 de xaneiro de 2026

A COROA DO REI MAGO






A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer a coroa do Rei Mago. Moitas grazas a todas por participar! Quedaron xenial!


Lucía e a coroa do Rei Mago


Alexia e a coroa do Rei Mago


Lara e a coroa do Rei Mago



Eric e a coroa do Rei Mago



Carmen e a coroa do Rei Mago



Elia e a coroa do Rei Mago