Chegamos á biblioteca e Zapatocas recibiunos debaixo dun paraugas e cun libro: El cazo de Lorenzo. Aquí podedes ler un breve resumo e unha reseña do conto.
Chegamos á biblioteca e Zapatocas recibiunos debaixo dun paraugas e cun libro: El cazo de Lorenzo. Aquí podedes ler un breve resumo e unha reseña do conto.
Foi chegar á escola e atopar todos os adobíos de Nadal estrados: bolas, árbore, fitas... Pero isto que é? Non podía ser outra cousa que unha trasnada da elfa Filomena, que nos miraba desde alá arriba. Puxémonos mans á obra e a nosa escola foi vestíndose de Nadal. Ai, Filomena! Canto traballiño nos dás!
E co novo mes, as sorpresas do calendario de Papá Noel. A encargada ou encargado levará cada día a sorpresa que garda o peto correspondente e un reno para a árbore de Nadal da súa casa. Benvido, decembro!
A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer a Rodolfo, o reno máxico de Papá Noel. Moitas grazas a todas por participar!
No cole escribimos a receita e vimos o vídeo da panxoliña.
Case listo! |
A que quedou fantástico? |
Pois agora a almorzar! |
O reno Rodolfo de Eric |
Carmen poñendo as boliñas á árbore |
Colocamos o tronco e todos os pauciños |
E xa temos listo a Rodolfo e a árbore de Nadal! |
Agora a comer, que é a parte máis importante. Bo proveito! |
Pero cantos renos hai na casa de Alma? |