martes, 12 de novembro de 2024
domingo, 10 de novembro de 2024
A CURUXA DA BRUXA
Para rematar as receitas do Samaín, a proposta do obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer a curuxa da bruxa. Moitísimas grazas a todas por participar. Quedaron impresionantes😍
Eric vainos contar como fixo a curuxa da bruxa |
Tortiña preparada! |
Mazá para as ás |
Arando por aquí, plátano por alá... |
A que quedou chula? |
A merendar! |
Adán e a curuxa da bruxa |
Lara e a curuxa da bruxa |
Carmen e a curuxa da bruxa |
martes, 5 de novembro de 2024
VAMOS A BUSCAR SETAS
O noso compañeiro Pablo está verdadeiramente interesado no mundo dos fungos, os champiñóns, os cogomelos... Onte quixo compartir con nós a lectura dun conto que lle agasallou a súa curmá: Vamos a buscar setas.
Acabamos facendo un debuxo e aprendendo a debuxar estas sorpresas que nos trae o outono cada ano.
sábado, 2 de novembro de 2024
FESTA DO SAMAÍN E MAGOSTO
O 30 de outubro celebramos a festa do Samaín e o magosto en Leiro. Unha xornada de convivencia onde os contos de medo, os experimentos, o teatro, o baile e as castañas encheron a mañá de sorpresas. Moitas grazas ás familias e a ANPA do CRA de Ribadumia pola vosa participación e polo agarimo co que sempre preparades a ambientación, a merenda, o asado das castañas... Que ben o pasamos! Podedes ver as fotos que saíron no Diario do Salnés picando aquí.