Co que lle gustan os puntos a Yayoi Kusama, seguro que lle encantaría este conto! Un puntiño que se vai transformando en diferentes obxectos e un lobo que ten moita fame son os protagonistas deste divertido álbum ilustrado. Partindo dun rectángulo aprendimos a debuxar un lobo e partindo dun puntiño: unha cereixa, un paxaro, unha xoaniña, unha nena e un caranguexo.

Imaxe: Ricardo Liniers Siri
mércores, 30 de marzo de 2022
martes, 29 de marzo de 2022
¡OH, OH, LA PELOTA!
venres, 25 de marzo de 2022
CALENDARIO DE ARTE DE YAYOI KUSAMA
Xa comezamos o noso calendario de arte! Este ano adicado á artista xaponesa Yayoi Kusama. 12 dos seus cadros ilustrarán cada un dos meses do vindeiro curso 2022-2023. Estivemos xogando a adiviñar os títulos de cada un deles e colocámolos na porta da nosa aula creando unha galería con todas as súas obras. Quedounos ben colorida!
POESÍA
O 21 de marzo celebrouse o Día da Poesía e ao longo de toda a semana, na hora de ler, estivemos lendo o libro Abezoo. Cada letra, un animal. Cada animal, un poema. Un dos que máis nos gustou foi o da Señora Iguana.
xoves, 24 de marzo de 2022
ELEFANTES DE CORES
Na India queren moito os elefantes. Adórnanos e píntanos de moitas cores para participar en festas e desfiles. Vimos varios vídeos que nos suxeriron a profe Ángeles e a clase de Leiro que nos gustaron moito e aproveitamos para ler Elmer, a historia dun dos elefantes máis famosos da literatura inantil.
mércores, 23 de marzo de 2022
MARUXA, HIXIENISTA DENTAL
Hoxe visitounos Maruxa, a hixienista dental que nos veu contar como coidar dos nosos dentes e da nosa saúde. Falounos dos alimentos que producen carie e da importancia de lavar os dentes tres veces ao día durante tres minutos. Tamén dimos a volta ao mundo coñecendo os hábitos alimenticios de animais como oso panda, o koala e a foca. E soubemos cantos dentes ten cada un deles! Finalizamos a visita cun agasallo onde podemos atopar unha merenda saudable e un cepillo de dentes listo para estrear. Moitas grazas pola visita, Maruxa! Aprendimos moito contigo!
martes, 22 de marzo de 2022
EL ORINAL DE FAYÁN
El orinal de Fayán é un conto moi orixinal e divertido ambientado no Antigo Exipto. Picando aquí podedes ler unha reseña. Tanto nos gustou que decidimos debuxalo a toda cor con ceras brandas e témperas no papiro que fixemos coa profe Olalla con vendas e café.
PRIMAVERA!
Chegou a Primavera e quixemos darlle a benvida facéndonos unha foto de grupo para ver canto medramos desde setembro. Levamos uns días que non falta ninguén e estamos moi contentos de estar xuntos!
venres, 18 de marzo de 2022
A INDIA
A nosa volta ao mundo chega á India xusto o día no que se celebra o festival Holi, un festival cheo de cor que celebra a chegada da primavera.
Mirade no vídeo canto ten a India por coñecer!
mércores, 16 de marzo de 2022
O NOSO CONTO DE ENTROIDO
Encántanos o noso conto de Entroido. Xa o contamos varias veces. Saber que é unha historia nosa, que inventamos xuntos, que somos protagonistas de todo o que vai ocurrindo fai que gocemos coa súa lectura cada vez que voltamos escoitala. Debuxámola?