
Imaxe: Ricardo Liniers Siri
venres, 27 de setembro de 2013
xoves, 26 de setembro de 2013
AS CARTAS DE FÉLIX O EXPLORADOR

martes, 24 de setembro de 2013
MARTES: IMOS A LEIRO
Ao rematar o período de adaptación dos máis pequenos, comezamos a ir a Leiro. Non houbo choros nin extrañamos nadiña: xa somos maiores! Coñecimos a biblioteca e a Zapatocas, a súa mascota, que nos prestou un conto para levar a casa; cantamos e bailamos en inglés; saltamos e brincamos na aula de psicomotricidade; xogamos cos ordenadores na aula de informática e comezamos a familiarizarnos coa que será a nosa horta. Unha mañá completiña na que desfrutamos moito. A vindeira semana voltamos!!
A ARÓN CAEULLE UN DENTE
Unha das novidades da volta das vacacións de verán foi a incorporación de Arón ao clube dos mellados. Hoxe por fin puido levar o seu carné para casa. Noraboa amiguiño!!
xoves, 19 de setembro de 2013
CANTOS CONTOS!
Hoxe ímosvos falar de tres contos que contamos esta semana e que nos gustaron moito: CINCO, LOBOFEROZ e O ABRIGO MISTERIOSO.
E co ABRIGO MISTERIOSO acabamos facendo de detectives e descubrindo que levaba no abrigo o señor Abellón. Logo fixemos o noso propio abrigo de papel e cada un o encheu dos animais que máis lle gustaron: gatos perigosos, arañas, pingüinos, xirafas, leóns...
martes, 17 de setembro de 2013
CARTAS DE FÉLIX O EXPLORADOR


luns, 16 de setembro de 2013
POÑEMOS O CALENDARIO
Estreamos una nova semana de setembro xa cos pequenos de 3 anos incorporados ás 9 da mañán. Estabamos desexando ensinarlles como poñemos o tren, a quen lle toca ser o encargado ou encargada, onde colocamos as fotos cando estamos no cole e como facemos o calendario. Axiña aprenderon a dinámica e xa estaban buscando o seu nome e recortando e pegando as letras de setembro. Benvidos/as ao "cole de maiores"!!
xoves, 12 de setembro de 2013
PRIMEIRO DÍA DE COLE
Hoxe foi día de reencontros na escola de Ribadumia. Con moitas ganas de volver a ver aos nosos amigos e de contarlles todo o que fixeramos nas vacacións: viaxes en avión, en tren e mesmo en globo, visitas aos avós, praia, piscina, escola de verán, xeados... estreamos un novo curso.
E os maiores aprendimos o nome dos máis pequenos que se incorporan á nosa aula este curso: benvidos ao cole!!
martes, 10 de setembro de 2013
BENVIDA AO NOVO CURSO 2013-2014
Benvidos e benvidas ao novo curso 2013-2014! Xa estamos de volta ao cole! Mañá teremos a reunión informativa de principio de curso coas familias, na nosa escola, ás 10:30. Non faltedes!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)