Imaxe: Ricardo Liniers Siri

domingo, 8 de novembro de 2026

UNHA ARAÑA

 A proposta para a obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer unha araña. Moitas grazas a todas por participar! Quedaron fantásticas!




Lucía e a súa araña



Lía e a súa araña



venres, 6 de novembro de 2026

OS NOSOS XOGOS E CONTOS PREFERIDOS

A primeira misión dos Crononautas era buscar os nosos xogos e contos preferidos. Ao longo da semana foron aparecendo xogos e xoguetes, contos e lecturas escollidas con moito agarimo nas nosas casas para compartir na aula cos nosos compañeiros e compañeiras. Moitas grazas, familias! Sodes as mellores!
































martes, 3 de novembro de 2026

A ARAÑA PETRA

 Petra é unha araña que está farta de que lle rompan as arañeiras que tece. Non está disposta a que lle volva a ocurrir. Que pode facer? Acompañamos a Zapatocas na historia de Petra...





venres, 30 de outubro de 2026

SAMAÍN E MAGOSTO 2026

Hoxe celebramos a festa de Samaín e o Magosto en Leiro. Non faltaron os xogos e os bailes nunha xornada de convivencia con todos os nenos e nenas do CRA. Moitas grazas ás familias pola merenda compartida e á ANPA pola decoración, as castañas asadas e o agarimo que sempre lle poñedes. Sodes as mellores!


























xoves, 29 de outubro de 2026

CONVERTÉMONOS EN CRONONAUTAS

 





Hoxe apareceu na nosa aula unha maleta antiga cunha carta e unha guía de lectura enriba. Despois de ler a carta e comentar a guía abrimos a maleta e...sorpresa! Dentro desta orixinal máquina do tempo había xogos, xoguetes e contos tamén antigos! A carta convidábanos a converternos en CRONONAUTAS: viaxeiras e viaxeiros do tempo. Queredes saber cal vai ser a nosa primeira misión? Lede a carta e atoparedes a resposta a esta pregunta.





martes, 27 de outubro de 2026

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Hoxe celebramos o Día das Bibliotecas coñecendo a Biblioteca Municipal de Ribadumia e cun concerto de Paco Nogueiras. Unha mañá de xogos, bailes e convivencia cos nenos e nenas das outras escolas do CRA e do CPI Julia Becerra Malvar. Que ben o pasamos!