Hoxe limos un conto que mostra moitos tipos de familias e falamos das nosas, todas diferentes e únicas. O que temos claro é o moito que as queremos e o moito que nos queren. As nosas familias son as mellores!

Imaxe: Ricardo Liniers Siri
mércores, 15 de maio de 2024
FELIZ DÍA DA FAMILIA!
martes, 14 de maio de 2024
ADAPTARSE O... LA FALDA MORADA DE LEO
Hoxe descubrimos un novo mural de Lidia Cao: Adaptarse o... Realizado en Fuengirola, forma parte do Paseo dos Murais. Falamos do que alí aparece: catro peixes laranxas, algas, pompas, burbullas, unha nena... Parece o fondo do mar. A nena está no fondo do mar. Ten os ollos pechados. Está durmindo. No fondo do mar non se pode durmir, que afogamos. Que ten na cara? Parecen escamas de peixe. Ao mellor é unha serea...
No cartel que acompaña o mural pon:
El mural relata en términos sutiles una
historia de adaptación. Nos encontramos con un ser humano, de edad temprana,
aprendiendo a vivir en un medio que aparentemente no es el suyo propio, pero lo
supera adaptándose a él y convirtiéndolo en un espacio seguro donde los sueños
tienen una parte indispensable. En el trasfondo de la idea se guarda una
historia cruda y llena de complejidad personal, donde cada niño y niña supera
una situación negativa gracias a su fuerza de voluntad y capacidad de
racionalizar.
O conto que acompaña o mural e que limos na biblioteca é La falda morada de Leo. Tras a lectura falamos da importancia de respectar os gustos de cadaquén. Encántanos a túa saia morada, Leo!
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS: DE ROSALÍA DE CASTRO A LUÍSA VILLALTA
Aproveitando un dos murais gañadores do concurso do Día das Letras Galegas organizado pola Consellaría de Educación, coñecimos as seis mulleres que protagonizaron este día, comezando por Rosalía de Castro no ano 1963 e rematando en Luísa Villalta este 2024.
domingo, 12 de maio de 2024
IMOS EN BICICLETA?
UNHA RAIA ELÉCTRICA DE 28 QUILOS
Na edición dixital da Voz de Galicia limos que na praza de abastos de Pontevedra tiñan unha raia eléctrica de 28 quilos. Vimos un vídeo para coñecela no seu hábitat e despois pesamos nós varios exemplares de xoguete. Sabedes cal pesaba máis?