Hoxe abrimos a peixaría con produtos do mar que fomos atopando no folleto do supermercado. Aproveitamos os carteis cos nomes para colocalos ao carón de cada un. Xa temos sardiñas! Porque como di o refrán: Por San Xoán, a sardiña pinga o pan!
Imaxe: Ricardo Liniers Siri
martes, 8 de xuño de 2021
luns, 7 de xuño de 2021
A CASA AZUL DE FRIDA KAHLO
Despois de coñecer a Casa Azul de Frida Kahlo convertida agora nun Museo, fixemos un tour virtual para poder vela por dentro: cuartos, cociña, patio...
![]() |
| Picade na imaxe para acceder á visita virtual |
Buscamos como facer unha casa de papel coa técnica do origami, collemos folios azuis e pegamos a Frida con Fulang Chang no patio. Tamén coloreamos as portas e ventás de verde e vermello. Houbo que decorala con prantas, flores e as outras mascotas que andaban sempre ao redor da célebre artista mexicana. Nesta páxina foi onde nos inspiramos para facer as nosas Casas Azuis.
xoves, 3 de xuño de 2021
CALENDARIO DE ARTE CURSO 2021-2022: FRIDA KAHLO E OS SEUS ANIMALIÑOS
Xa está aquí o calendario de arte! O vindeiro curso, cada mes, un cadro de Frida Kahlo coas súas mascotas. Lembrade estrealo en setembro! Podedes meterlle un fío pola espiral e colgalo no voso cuarto para saber que día é e marcar as datas importantes. Picade aquí para ver o calendario en grande.
martes, 1 de xuño de 2021
BUSCANDO A FRIDA KAHLO
Hoxe buscamos o nome de Frida na capa dos libros da biblioteca que estaban no recuncho da artista mexicana. Algúns poñían Frida Kahlo, outros só Frida, uns estaban escritos con letras maiúsculas, outros en cursiva e con tipografías diferentes. Pero nós que somos uns detectives fantásticos, detectámolos todos.
luns, 31 de maio de 2021
venres, 28 de maio de 2021
ALICIA FAI 5!
Hoxe Alicia fixo 5 anos e nós cantámoslle e acompañámola nas súas 5 voltas ao redor do sol. Parabéns, Alicia!
xoves, 27 de maio de 2021
BOCATA MEGA-KETCHUP
Se queredes desfrutar do saboroso bocata MEGA-KETCHUP, Xulia déixanos a súa receita. Bo proveito, amantes dos bocatas de peixe en conserva!














