Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 22 de xaneiro de 2021

NA NOSA CASA COMO EN NINGURES

 



Porque alí está a nosa familia. Onde nos queremos e nos coidamos. Irmáns e irmás, papá, mamá e as nosas mascotas. Un lugar onde nos sentimos protexidos. 

Un dos libros que nos deixaron polo Nadal na nosa aula foi: Todos contra el virus. ¡Coronavirus no!, da editorial Susaeta. Un libro que nos trouxo á memoria o tempo de confinamento na casa coas nosas familias sen poder ir ao cole nin saír á rúa nin ver as nosas amizades e familiares. Aqueles días, a nosa familia e a nosa casa eran o noso mundo.

Debuxamos as nosas familias. Algunha con novos membros recén chegados e outras contando os días para aumentala. Canto as queremos!









xoves, 21 de xaneiro de 2021

PAISAXE COLABORATIVA

 Pizarras e rotus preparados, que imos facer unha paisaxe colaborativa. Eu digo que teña...un sol! Mans á obra todos a facer un sol. Listo! Outro di: eu quero que teña...un camión! E así fomos engadindo o que cadaquén ía dicindo: unha bolboreta, un león, unha árbore, unha mosca, o planeta Terra, un arco da vella, un libro, un coello, a casa da bruxa, follas na árbore e flores. Fantástica esta paisaxe! E ti, que queres que teña? 



QUEN SON?

 Así de coloridos quedaron os antefaces que fixeron hoxe os que quixeron artistear na hora do recreo. Quen son?



mércores, 20 de xaneiro de 2021

CHOVE FÓRA, XOGAMOS DENTRO

 






DÍA DA CONCIENCIACIÓN POLOS PINGÜÍNS: APADRIÑA UN PINGÜÍN!

 


O 20 de xaneiro celébrase o Día da Concienciación polos Pingüíns. Vimos un vídeo para aprender algo máis destes simpáticos animais: onde viven, características, que comen, cales son os seus inimigos, como se reproducen... Cando estabamos escoitando esta canción, Xulia dixo que tamén podiamos bailar como pingüíns. Buscamos no ordenador e bailamos coma pingüíns. A moverse todos!

Sabedes que está activa unha campaña de apadriñamento de pingüíns? Eliximos entre toda a clase un nome para pollerlle e mandamos a nosa solicitude. A ver cando nos chega o diploma! Se queredes participar desde as vosas casas, aquí vos deixamos o enlace. É de balde e colaboramos nunha boa causa.

E por fin chegou o noso diploma! Picade aquí se queredes coñecer a Manolo o pingüín e o noso compromiso de coidar o medio ambiente.

martes, 19 de xaneiro de 2021

ALEXANDRE FAI 5

Hoxe Alex celebraba o seu aniversario e acompañámolo nas súas cinco voltas ao redor do sol. Parabéns, Alex! Que pases un moi feliz día!




CANS QUE AXUDAN: FIVI AO RESCATE!

 


Hoxe vimos na edición dixital do xornal La Vanguardia unha noticia que nos sorprendeu moito: unha cadela que rescatou persoas perdidas na neve. A cadela Fivi é unha pastor alemán que pertence ao grupo de rescate da Garda Civil e colaborou na busca de cinco persoas que foron a pasar o día na neve sen a roupa axeitada. Veu a noite, veu o frío e non tiñan luz, nin batería no móbil. Cando os rescataron tiñan síntomas de hipotermia. Fivi está entrenada para buscar persoas na neve. Grazas a ela a historia deste grupo de aventureiros imprudentes tivo un final feliz.

Falamos da importancia de ir coa roupa e calzado axeitados en función de onde vaiamos ir: non é o mesmo ir á neve que ir á piscina. No inverno hai que poñer roupa de abrigo!