Imos buscar nos poemas de Rosalía palabras relacionadas co Universo. Hoxe limos un anaco de Campanas de Bastabales e nuns versos atopamos a LÚA e o SOL.
Imaxe: Ricardo Liniers Siri
martes, 11 de febreiro de 2020
RECOLLIDA DE TAPÓNS SOLIDARIOS
Como xa sabedes, a Fundación Amigos de Galicia está a desenvolver campañas de recollida de tapóns para financiar terapias que necesitan nenos e nenas con discapacidade. O noso centro colabora con eles e actualmente é un dos seus puntos de recollida. Se de novo tedes tapóns na casa podédelos traer á sede do CRA en Leiro este xoves día 13, xa que a finais desta semana pasarán a recollelos.
Moitas grazas pola vosa colaboración!
domingo, 9 de febreiro de 2020
mércores, 5 de febreiro de 2020
CUMPLE DE XANEIRO
O pasado mes de xaneiro Alexandre fixo 4 anos e hoxe, xunto con Xulia, que tamén facía 4, convertéronse en reposteiros especialistas en tortas de cumple. Moitos parabéns!!
martes, 4 de febreiro de 2020
2 DE FEBREIRO: DÍA DA CANDELORIA
Di a sabedoría popular que o día da candeloria, casan os paxariños. Xa pasou medio inverno e a natureza comeza a espertar e a prepararse para a chegada da primavera. Picando na imaxe podedes ler máis información no Mira que din do Portal das Palabras.
sábado, 1 de febreiro de 2020
PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2019
O pasado mes de decembro, saíu a resolución definitiva dos Premios Proxecta de Innovación Educativa 2019 no que a nosa escola obtivo o recoñecemento na categoría de infantil e primaria. Con esta resolución, a Dirección Xeral de Educación, pon en valor aquelas experiencias que promovan unha mellora na calidade do proceso educativo. Sentímonos moi orgullosos do resultado obtido, máxime cando competiamos con centros non soamente de infantil, senón tamén de primaria de toda Galicia. A continuación vos deixamos o vídeo que nos representará na entrega de premios e que recolle os aspectos máis salientables do noso proxecto gañador.
GIANNI RODARI
No 2020 celébrase o centenario do nacemento de Gianni Rodari. Na nosa biblioteca temos varios libros seus e que mellor maneira para coñecelo que achegándonos ás súas historias cheas de fantasía.
O primeiro que escollimos foi: CONFUNDINDO HISTORIAS, da Editorial Kalandraka. Carapuchiña amarela que vai visitar a súa tía e polo camiño atopa unha xirafa...Pero como era a historia? Risas, caras de sorpresa... Saberá Carapuchiña a táboa de multiplicar?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




































