Imaxe: Ricardo Liniers Siri

sábado, 20 de outubro de 2018

O MAR É VIDA, COIDÉMOLO

A ameaza da acumulación de plásticos no mar.
 O vídeo titulado «Blue Heart», dos galegos Paco Ventoso e Ángel Rey, gaña a medalla de bronce no campionato de España de vídeo submarino. (Fonte: La Voz de Galicia)
 

mércores, 17 de outubro de 2018

QUE MEDO! AS BRUXAS

O medo de Dana eran as bruxas. E hoxe contamos o conto das 3 brujas. Un conto que xa coñeciamos pero que cada vez que o voltamos abrir disfrutamos novamente moitísimo.





DIEGO CONSIGUE COMPLETAR O SEU ÁLBUM DE BOCATAS

Ao final do curso pasado Diego tiña o álbum dos Arroases cunha chea de pegatinas. Este curso volveu traer bocata de peixe os martes e seguiu completando o seu álbum ata que por fin acadou a última pegatina. Hoxe os Arroases mandáronlle un agasallo sorpresa. Parabéns, Diego! Xa es un Capitán Arroas!


xoves, 11 de outubro de 2018

RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR


NON TEÑO MEDO, NON!, NON!, NON!

QUE MEDO! OS MONSTROS

O medo de Joel eran os monstros así que nesta entrada ímosvos contar contos de monstros. Estades listos?

Un que nos gustou moito foi Monstro pequeno di non. Como di na contraportada, é un libro que fala da amizade, de como relacionarse, da boa educación e da pequena palabra Non! que ás veces hai que usar con firmeza.



Outro conto moi sinxeliño pero que nos encanta é o Monstruo Milpatas, que fai coxeguiñas a todos os seus amigos e a nós tamén!


Os monstros que sentía Gato Guille na casa daban moito, moito medo!