Hoxe celebramos a festa de Nadal no Auditorio de Ribadumia. Agardamos que a disfrutáredes moito! Que teñades unhas moi boas festas !
Imaxe: Ricardo Liniers Siri
xoves, 21 de decembro de 2017
CUENCOS TIBETANOS NA ESCOLA DE RIBADUMIA
Hai xa un tempo que a familia de Alba nos contou que tiña unha amiga que podía vir á escola a amosarnos como traballaba cos cuencos tibetanos. Chamámola para ver se podía vir antes das vacacións de Nadal e Mercedes veu sen dubidalo. Trouxo os cuencos tibetanos e contounos moitas cousas sobre eles: para que serven, de que material están feitos, a súa procedencia... Tamén nos ensinou como tocalos para que soen e notar as vibracións. Foi unha sesión moi interesante e na que o pasamos moi ben! Desde a Escola de Ribadumia queremos darlles as grazas a Alba e a súa familia por convidarnos a coñecer a Mercedes e a Mercedes polo agarimo co que nos tratou en todo momento. Moitísimas grazas e agardamos repetir!
CUMPLE DE DECEMBRO: LEO FAI 3
O máis pequerrechiño da clase xa vai facer 3 anos e antes de marchar de vacacións de Nadal fixo a torta para convidarnos á festa do seu cumple. Parabéns, Leo!!
mércores, 20 de decembro de 2017
FACEMOS SACOS TERAPÉUTICOS DE SEMENTES E LAVANDA
Na Escola de Ribadumia fixemos sacos térmicos con lavanda do noso xardín e sementes de diferentes tipos. A parte da costura fíxoa a profe María (moitas grazas á nosa costureira preferida!) Neste enlace podedes ler máis información sobre os sacos terapéuticos: para que serven, como empregalos...
martes, 19 de decembro de 2017
APRENDENDO A SER PERSOAS VOLUNTARIAS E SOLIDARIAS
Rematamos a campaña de recollida de xoguetes polo Nadal como colaboradores da Fundación Amigos de Galicia. Hoxe viñeron por Leiro a buscar os tapóns que había e todos os xoguetes que xuntamos. Unha vez máis grazas ás familias pola vosa colaboración e por facer que os vosos nenos e nenas aprendan o valor da solidariedade.
luns, 18 de decembro de 2017
OS ARROASES, PRIMEIRA AVENTURA
Hoxe contamos no cole a primeira aventura dos Arroases. Os maiores xa a coñeciamos pero gustounos moito lembrala. E os máis pequenos coñecimos a historia e os personaxes. Despois debuxamos unha chea de amigos dos Arroases e seguimos apuntando os que saen na prensa estes días. Ademais temos un libro moi chulo onde saen os nomes en galego, castelán, inglés, francés...con debuxos e datos sobre cada un deles. Canto estamos aprendendo!
![]() |
| Picade na imaxe para ler o conto |
mércores, 13 de decembro de 2017
PREPARATIVOS DE NADAL
O festival, a portada dos traballos e moitas cousas máis que andamos a preparar estes días!
Para o festival de Nadal os nenos e as nenas da Escola de Ribadumia imos cantar e bailar Na casa da miña avoa de Mamá Cabra. Picade no vídeo se queredes escoitala!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)

