Imaxe: Ricardo Liniers Siri

luns, 17 de xaneiro de 2022

BARQUIÑOS DE LARANXA

 Mateo trouxo unha laranxa moi grande da laranxeira do seu avó. Cando a pelamos vimos que tiña unha casca grosa e ocurriúsenos que podiamos facer barquiños cos anacos que quedaron. E que piden os barquiños? Navegar! 






domingo, 16 de xaneiro de 2022

A MIÑA BOLSA DO CRA DE RIBADUMIA

 



Un dos agasallos cos que nos atopamos á volta das vacacións de Nadal foi unha bolsa para cada un cun debuxo que representa o noso CRA coas súas catro escoliñas e o máis importante de todo: as nenas e nenos que forman parte del.

Propuxemos personalizala en familia, pintándoa e decorándoa como máis nos gustase e xa están chegando as primeiras fotos! 

Irmás, papás, avoas, mamás... cadaquén aportou o seu gran de area para que cada bolsa sexa única. Mirade que bonitas quedaron!














venres, 14 de xaneiro de 2022

ANIMAIS ARQUITECTOS. QUE NOS ENSINAN?

 Hoxe recibimos a visita de Elena, unha arquitecta que nos veu falar de como constrúen os animais as súas casas e como os seres humanos fomos aprendendo a facer as nosas vivendas observándoos. Coñecimos diferentes técnicas de construción que empregan os animais para facer as súas casas: escavar (toupas), apilar (cegoñas), modelar (abellas), enfiar e tecer (paxaros e formigas)...

Despois puxémonos mans á obra cos palitroques e os conectores e comezamos a construir unha estrutura que foi collendo altura a medida que iamos traballando en equipo. 

Pasámolo xenial e aprendimos un montón! Moitas grazas, Elena!



















mércores, 12 de xaneiro de 2022

COLECCIONISTAS DE PALABRAS

 


Un dos agasallos de Nadal que atopamos á volta das vacacións foi o libro: El coleccionista de palabras, xunto con 11 libretas. Hoxe, despois de ler o conto, comezamos a nosa colección. Cada un inaugurou a súa coa palabra que máis lle apeteceu. 

Encantounos a historia de Jerome. Conseguiremos unha colección de palabras tan preciosa coma el?







martes, 11 de xaneiro de 2022

NICOLÁS FAI 4

 Hoxe Nicolás estivo de aniversario e nós quixemos acompañalo nas súas 4 voltas ao redor do sol. Parabéns, Nico! Canto medraches!




Que bonita está quedando a coroa 
de cumple!






FELIZ DÍA A TODAS AS PERSOAS USUARIAS DA BIBLIOTECA!

 O día 11 de xaneiro celébrase o día dos usuarios da biblioteca. E que mellor forma de celebralo que visitando a biblioteca do CRA e levando un libro para á casa. E se nos toca a mochila viaxeira, mellor que mellor!






luns, 10 de xaneiro de 2022

BENVIDO, 2022!

 



Voltamos ao cole estreando ano novo e atopamos unha chea de agasallos na nosa aula. Abrimos os paquetes e foron aparecendo xogos e contos. Foi un día de reencontros no que compartimos momentos das vacacións de Nadal: agasallos, cabalgatas, paseos, comidas... Cos nosos mellores desexos: FELIZ 2022!