Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 9 de setembro de 2021

22ª CAMPAÑA DE SAÚDE VISUAL ALAIN AFFLELOU

 



Un ano máis, coa volta ao cole, a Fundación Alain Afflelou pon en marcha a súa Campaña escolar en favor da saúde visual facendo unha revisión de balde para nenas e nenos de entre 5 e 7 anos e agasallando as lentes graduadas en caso de necesitalas.

Picade aquí para máis información.

mércores, 1 de setembro de 2021

CHEGA O CURSO 2021-2022. VOLTAMOS AO COLE!


Queridas familias,

Este ano o inicio das clases vai vir marcado polas recomendacións que marca o Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022. Dende a escola estamos traballando para cumprir coas indicacións marcadas e ter todo listo para comezar desde o primeiro día nun entorno seguro. A reunión de principio de curso non poderá celebrarse presencialmente así que nos vindeiros días poñerémonos en contacto con todas as familias por teléfono ou correo electrónico para informarvos das novidades e aclarar as posibles dúbidas que poidan xurdir.

O horario do xoves día 9 de setembro para o alumnado de 4 e 5 anos será de 9 a 13:45 horas. O alumnado de 3 anos incorporarase en horario de 11:00 a 13:00 horas.

martes, 22 de xuño de 2021

IMOS A PRIMARIA!

 


Queridos Diana, Juan, Marta, Manuel e Carla. Hoxe remata a vosa etapa de Educación Infantil. En setembro comezades Primaria! Que sorte ter compartido con vós estes tres anos! Xa sabedes que aquí tedes unha chea de amigos. Ímosvos botar moito de menos. Esperamos as vosas novidades. Unha aperta moi grande e feliz verán!






FESTA FIN DE CURSO

 Hoxe despedimos o curso en Leiro. Que ganas tiñamos de facer unha festa da auga! Agardamos a que saíra o sol e alá fomos! Unha mañá diferente na que disfrutamos moito. Que teñades un moi feliz verán. Vémonos en setembro.


























venres, 18 de xuño de 2021

BOLSAS DE VERÁN

 Estivemos a preparar as bolsas onde imos levar os traballos do terceiro trimestre. Son bolsas de tea que pintamos con rotuladores para téxtil. Os nosos debuxos acompañaranos todo o verán levando a toalla e a merenda á praia, á piscina ou de paseo pola beira do río. Quedaron tan preciosas grazas á axuda da profe Olalla, que foi quen de sacar o artista que cada un de nós levamos dentro. Feliz verán!










COMEFROITAS VARIADAS E DE TEMPADA

 Ao longo do curso fomos aprendendo o nome de moitas froitas. Algunhas xa as coñeciamos, outras non. Agora que xa lles poñemos nome e "cara", podemos animarnos a probalas todas.




E se as cereixas son da cerdeira dos avós,
mellor que mellor!