Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 17 de xuño de 2021

SE QUERES SER UN BO PEIXE, PONTE A BAILAR!

 Hoxe coñecimos a científica Uxía e o peixeiro Roque. Con eles mergullámonos no mar para atopar peixes (robaliza, lubina, sardiña, pescada e peixe sapo) mariscos (nécoras, percebes, vieiras) e algas (argazo). E despois...a bailar, peixiños!














A METADE PARA TI, A OUTRA METADE PARA MIN

 Por parellas, tocounos medio animal que había que completar. Se xa teño unha pata, cantas teño que debuxar? A ti tocouche a cabeza! Voulle poñer máis plumas. As tartarugas comen leitugas, vou debuxar algunha para que as coma. Eu vou debuxar algún ovo. Pois eu ovos e pitiños!











venres, 11 de xuño de 2021

E ESTE PEIXE ONDE VAI?

 


As monitoras de Ti si que es bo peixe deixáronnos uns pósters e unhas pegatinas para pegar neles. Hoxe investigamos onde podían ir colocadas e aprendimos os seus nomes. Os nove habitantes do mar aparecen na canción que estivemos aprendendo para o vídeo. Queredes coñecelos e saber cales son as súas propiedades?




AS RAÍÑAS COMEFROITAS DO MES DE XUÑO

 



xoves, 10 de xuño de 2021

VAIA MENÚ DE BOS PEIXES!

 Levar o menú de Ti si que es bo peixe para á casa fixo que puidésemos compartir coas nosas familias todo o que traía. Así animámonos a probar novos sabores e incluír nas nosas dietas o peixe de forma diferente. Moitas grazas polas fotos, Peixiños!
















mércores, 9 de xuño de 2021

EXCURSIÓN VIRTUAL TI SI QUE ES BO PEIXE

 Que ben o pasamos hoxe coas actividades que viñeron facer na escola Paula e Teresa de Ti si que es bo peixe. Mariscamos no areeiro, medimos as capturas co calibre para ver se tiñan a talla mínima e aprendemos que se son moi pequenas hai que devolvelas ao mar para que sigan medrando. Tamén pescamos coas redes e vimos como é unha nasa. Os peixes pequenos cóanse polos buratos das redes porque non poden pescarse. Hai que deixalos medrar no mar! Despois simulamos unha poxa na lonxa e aprendimos en que zona vive cada especie: os mexillóns e percebes pegados ás rochas, as vieiras na area, as sardiñas nadando polo medio, os rodaballos polo fondo...

E para degustar os produtos do mar levamos para á casa un menú elaborado con peixe. Unha xornada solleira e divertida na que aprendimos moito e pasámolo xenial. Nós si que somos bos peixes!