Hoxe inauguramos os martes de bocata! Diego animouse cun bocata de atún e Joel cun bocata de sardiñas. Bravo, Arroases! (Non temos foto porque cando a profe quixo facela xa non había bocatas! Estaban tan bos que non quedaron nin as faragullas!)
Imaxe: Ricardo Liniers Siri
martes, 18 de setembro de 2018
UN PESADELO NO MEU ARMARIO
Quen non tivo algunha noite un pesadelo? Hoxe abrimos os armarios e sairon unha chea de pesadelos: grandes, pequenos, de lunares, orelludos, dentudos, coloridos... O mellor foi que nos fixemos amigos deles e xa non lles temos medo!
luns, 17 de setembro de 2018
venres, 14 de setembro de 2018
PRIMEIROS DÍAS DE COLE
Primeiros días de reencontros, cariñas novas e descubrimentos. Facendo grupo xogando e compartindo espazos, lecturas e actividades. A vindeira semana, máis sorpresas. Feliz fin de semana!
martes, 4 de setembro de 2018
CURSO 2018-2019: COMEZAMOS!
Chega setembro e con el un novo curso. Deixámosvos a información sobre a REUNIÓN DE PRINCIPIO DE CURSO e o PERÍODO DE ADAPTACIÓN para o alumnado de 3 anos. Tamén podedes consultala na porta da escola. Se tedes calquera dúbida, pasade polo cole ou chamade por teléfono e resolverémola. Benvidos á Escola de Ribadumia!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



