Picade nos enlaces para saber máis: Dinópolis, Aragosaurio, Arte rupestre Aragón
Imaxe: Ricardo Liniers Siri
xoves, 9 de xuño de 2016
mércores, 8 de xuño de 2016
PIRÁMIDE ALIMENTICIA
Falando de alimentarse ben, traballamos na aula a Pirámide alimenticia e a importancia de comer de xeito equilibrado e facer deporte. Nada de encherse de chuches e como mínimo hai que beber 8 vasos de auga ao día (pica no enlace e mira o vídeo)
Neste enlace podedes ler un artículo e ver un vídeo no que falan do "prato nutricional", que representa unha comida principal e a proporción de proteínas, verduras ou hidratos de carbono hai que comer.
P DE PIRINEO
No Pirineo aragonés atopamos dous dos picos de máis de 3000 metros que hai en España: Monte Perdido e Aneto. Outro xa o coñecíamos: o Teide, en Tenerife. E en Andalucía atópanse os outros dous: La Veleta e Mulhacén.
xoves, 2 de xuño de 2016
CONVIVENCIA CRA-CPI 2016
Un ano máis fomos ao CPI Julia Becerra Malvar cos nenos e nenas do CRA que o vindeiro curso comezan a Educación Primaria. Alí xuntámonos cos de 5 anos, que serán os nosos compañeiros o ano que vén. Unha xornada para coñecernos un pouco mellor e compartir vivenzas. Moitas emocións neste día véspera da Festa do Tinto.
mércores, 1 de xuño de 2016
HOXE VISÍTANOS O AVÓ DE RODRIGO, UN DESEÑADOR GRÁFICO
A iso da hora do recreo veunos visitar o avó de Rodrigo S. José foi o que agora se chama deseñador gráfico e traballou nunha imprenta facendo moitos dos libros que temos na nosa biblioteca. Para facer un libro hai que pensar primeiro un texto e escribilo, facer as ilustracións axeitadas ao texto e despois aínda queda montalo. José falounos de como agora existen unha chea de máquinas que aforran tempo e traballo: impresoras xigantes que imprimen moitas páxinas xuntas, pregadoras que pregan ese papel que mide 1 metro por 70 centímetros e o preparan para cortar coa guillotina, máquinas que cosen as páxinas e encolan para pegar no lombo... Tamén nos dixo que todas as cores que aparecen nun libro fanse só con 4: maxenta, amarelo, azul e negro, que cómpre mesturar para conseguir as outras.
Tamén houbo tempo para debuxar. A José, igual que ao noso compañeiro Rodrigo S., encántalles debuxar e pasan moitas tardes facendo debuxos xuntos. José díxonos que a debuxar apréndese debuxando cousas, moitas cousas, cousas que che gustan, comezando por algo sinxelo e mellorando coa práctica. Despois fixemos un xogo: un voluntario facía unhas raias, unha borracha, unhas liñas... e José convertíaas nun debuxo. Mirade nas fotos cantas cousas bonitas saíron!
José agasallounos con dous libros para a escola e un caderno para cada un de nós, un caderno de artista, onde poder debuxar todo aquelo que se nos ocurra. A visita finalizou con aplausos e unha merenda fóra (aproveitando que o tempo fai honra ao refrán do día de hoxe: Cielo de junio, despejado como ninguno) na que non deixamos nin unha miga das magdalenas que trouxo a nai de Rodrigo S.
Moitísimas grazas ao avó Otero pola visita e por todo o que aprendimos hoxe con el. Foi unha mañá moi especial!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
