Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 8 de marzo de 2013

MURAL DE KENIA


O MONTE KENIA, o RÍO MARA, unha ACACIA, os MASAIS, e todos os animais que imos atopando en KENIA grazas a FÉLIX, aparecen no mural que puxemos na entrada do cole. LEÓNS, MONOS, HIPOPÓTAMOS, ELEFANTES, XIRAFAS, GUEPARDOS,... dannos a benvida durante este trimestre.

VICHES O LEÓN?

 
A ra ten unha carta para o LEÓN pero por moito que o busca, non o dá atopado. Coa axuda dos demais animais, saberemos por que o león quere chegar á lúa e quen lle manda a carta. VICHES O LEÓN?
E vós, víchedes que LEÓNS máis bonitos debuxamos nós? Estamos feitos uns artistas!
 
 

xoves, 7 de marzo de 2013

EL PEQUEÑO DALÍ Y EL CAMINO HACIA LOS SUEÑOS


No ano 2003, centenario do nacemento de DALÍ, Anna Obiols e Subi quixeron con este libro homenaxear a este xenial pintor achegándoo aos nenos e nenas con esta fantástica historia, inventada pero inspirada no imaxinario que Dalí deixou. Adicado "aos pequenos grandes soñadores" coma nós, disfrutamos moitísimo coa súa lectura. A historia de Salvi, o seu elefante zancudo e a chave máxica, transpórtanos a un mundo máxico no que os soños de Dalí neno convírtense en realidade.

MASAI MARA

 
 
 
A RESERVA NACIONAL MASAI MARA de KENIA debe o seu nome ás tribos MASAIS que alí viven e ao río MARA que a cruza. Nesta reserva natural podemos atopar vivindo en liberdade todos os animais dos que nos fala FÉLIX: hipopótamos, leóns, xirafas, cebras, elefantes... Hoxe descubrimos nunha foto un animal que non coñecíamos e que Arón dixo que era un "toro". Investigando un pouco soubemos que se chama ÑU e que xunto coas cebras, protagonizan unha das migracións máis espectaculares que se poden ver en KENIA. Picade aquí para ler máis.
 
 

mércores, 6 de marzo de 2013

CHOCOLATA

 
É o título dun conto novo que nos recomendou FÉLIX, que fala das aventuras dunha HIPOPÓTAMA chamada CHOCOLATA que vai á cidade (será NAIROBI?) a probar unha nova casa de baños que acaban de abrir. Axiña se dá conta de que como na sabana e na súa lagoa, en ningures. Vén acompañada de canción, que nos encanta.
 
 

DALÍ E O PAN

Hoxe coñecimos un cadro de DALÍ que se titula: A CESTA DO PAN. A Dalí gustáballe moito pintar pans e empregaba o PAN en moitas das súas obras.
 
 
 
Tanto lle gustaba que á súa casa, que logo se convertiu en museo, encheulle de pans as paredes e de ovos xigantes o tellado!! Un tipo de pan: PAN DE TRES PICOS, típico de Cataluña e co que tamén se deixou fotografiar poñéndoo de sombreiro. Fíxonos tanta gracia a foto que decidimos poñer nós tamén un "sombreiro comestible".
 
 
 

KENIA: BANDEIRA E CAPITAL



 A bandeira de KENIA ten tres franxas horizontais iguais. Negra (arriba) simbolizando a poboación maioritaria, vermella polo sangue derramado na loita pola liberdade, e verde pola terra e a riqueza natural. As franxas brancas máis estreitas representan a paz. Un escudo masai vermello, negro e branco con lanzas cruzadas representa a defensa da liberdade.
 
Neste enlace podedes atopar moita máis información interesante sobre KENIA.