Imaxe: Ricardo Liniers Siri

luns, 1 de decembro de 2025

TROMPOS NO NADAL

Desde que apareceron os trompos de Nadal na nosa aula todos os días nos gusta facelos bailar antes de marchar. Facemos parellas ou pequenos grupiños e imos pasando o trompo agardando que o trompo que fixo bailar o compañeiro pare só para que nos toque. E se non sae á primeira, tentámolo outra vez! Practicando aos pouquiños cada vez nos sae mellor! 





A ELFA FILOMENA VÉN VISITARNOS

 Un ano máis, a elfa Filomena veu visitarnos á nosa escola. E o primeiro que fixo foi buscar os adobíos de Nadal e deixalos ciscados. E ela toda enleada nas cintas! Ai, Filomena! Menos mal que nos tes a nós para botarche unha man...

A profe Ana contounos a historia dos elfos de Papá Noel que nos visitan no mes de decembro e toda a maxia que nos traen coas súas trasnadas.

Benvida, Filomena!