A postal de Rodrigo foi elixida polo xurado do Concurso de Postais de Nadal do Concello de Ribadumia para desexar unhas boas festas a todas as persoas que viven no concello. Parabéns, Rodrigo!
![]() |
Rodrigo recibe o diploma do premio |
Un ano máis, participamos no Concurso de postais de Nadal do Concello de Ribadumia. Desta vez empregamos nunhas, elementos naturais: follas, sementes... e noutras, residuos das nosas merendas: papel de aluminio, cascas de mandarina, envoltorios dos queixiños...
Partindo da lectura do libro VACÍO e da canción LA PUERTA VIOLETA de Rozalén, falamos da importancia do RESPECTO para facer fronte a todo tipo de violencias.
Buscamos palabras e situacións que nos fan sentir mal e coa axuda desa porta violeta transformámolas noutras que nos reconfortan e nos fan sentir mellor. Contribuamos entre todos a combatir a violencia educando no respecto.
Gardamos os envases dos bebibles da merenda e os tapóns de cores para darlles unha nova vida facendo un bonequiño de neve coa profe Olalla. Ademais, démoslle un toque musical metendo dentro as letras do noso nome. Vaia paisaxe invernal nos quedou!
No marco do Plan Proxecta + Aliméntate Ben participamos hoxe na saída a Portonovo para coñecer a lonxa, como funciona unha poxa, o traballo das redeiras, curiosidades das artes de pesca e o mercado de peixes e mariscos. Para rematar, unha merenda mariñeira ben saborosa e nutritiva. Nós si que somos bos peixes!
![]() |
Picade aquí para ir á noticia. |
Manu e Alma veñen de acadar a súa coroa de Comefroitas do mes de novembro. Parabéns, mociños!