Imaxe: Ricardo Liniers Siri

luns, 5 de febreiro de 2018

ORDES DO MECO: ALGO NA CABEZA


CANDO ME ENFADO?

Draco enfadouse e botou lume pola boca. Case queima o seu amigo e o seu boneco favorito! A fada Andreia leva a Draco xunto ao Sabio, que lle fai tres preguntas para poder axudalo:
Cando te enfadas? Que fas cando te enfadas? Que poderías facer en lugar de reaccionar así?

Nós pensamos tamén nas veces que nos temos enfadado e respostamos ás preguntas do Sabio. E a que non sabedes que ocurriu? Pois que atopamos unha alternativa ao enfado para sentirnos moito mellor.




venres, 2 de febreiro de 2018

E A VINDEIRA SEMANA...CHEGAN AS ORDES DO MECO!



SAÍDA A CAMBADOS

Convidados polos nosos amigos Os Arroases, do Sabor da Aventura está no Mar, fomos coñecer as mariscadoras de Guimatur de Cambados, coas que fomos á praia do Serrido a mariscar. Despois merendamos cos Arroases e rematamos a xornada visitando a lonxa. 
Mirade nas fotos o ben que o pasamos.
Máis fotos na páxina dos Arroases.


















xoves, 1 de febreiro de 2018

CALZADO, A NOSA VERSIÓN DE ZAPATO

Coñecedes Zapato, de Antonio Rubio e Óscar Villán? Pois nós estamos facendo unha versión cunha chea de calzado de diferentes tipos: botas, zocos, zapatillas, zapatos, tenis... Cada un escolle os que quere e despois o escribe. Así imos ter moitos contos  e todos diferentes! A portada está ilustrada por nós, debuxando como fai Óscar Villán.





PROHIBIDA LA ENTRADA A LOS ELEFANTES