Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 30 de setembro de 2025

O HOMIÑO DE FOLLAS

 


Hoxe Zapatocas presentounos o seu amigo o homiño de follas. Contamos a súa historia e saímos xogar e crear con elementos do outono que había no patio. E cando máis entretidos estábamos, chegaba o ladrón de follas e nos desfacía todo! A voar!








luns, 29 de setembro de 2025

ALEXIA FAI 5

 Hoxe Alexia estaba de aniversario e quixemos acompañala nas súas cinco voltas ao redor do sol cantándolle e celebrando a súa festa. Parabéns, Alexia! Canto medraches!






sábado, 27 de setembro de 2025

OURIZO DE FROITAS

 A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer un ourizo de froitas. Moitas grazas a todas por participar!



Eric preparando o seu ourizo de froitas

O ourizo de Eric listo para merendar!



Lara e o seu ourizo de froitas



Carmen preparando o seu ourizo de froitas



Carmen lista para merendar o seu ourizo



Dani preparando o seu ourizo de froitas



Listo para merendar!




Gael e o seu ourizo de froitas preparados para merendar



Elia e o seu ourizo de froitas



Lucía e o seu ourizo de froitas

SOL DE OUTONO

 


martes, 23 de setembro de 2025

EL LADRÓN DE HOJAS

 Hoxe estreamos os nosos marcapáxinas e Zapatocas tiña unha sorpresa para nós: o outono chegou á biblioteca! E que mellor maneira de celebralo que lendo o conto El ladrón de hojas. Buscamos as cores do outono, recollimos follas fóra... Benvido, outono!






sábado, 20 de setembro de 2025

COCHES DE UVAS

 Xa que estamos no tempo da vendima, a nosa primeira proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana tiña que ter uvas como ingrediente principal. Moitas grazas a todas por participar!


Xa están chegando os primeiros coches! Brum, brummmmm!

Lara e os seus amiguiños conducindo os coches de froitas


Eric preparando os ingredientes

Eric e os seus coches de froitas circulando pola estrada de plátano

Alexia e os seus coches de froitas


Lucía e os seus coches de froitas


Carmen e os seus coches de froitas

mércores, 17 de setembro de 2025

OS NOSOS MARCAPÁXINAS

 Estamos personalizando os marcapáxinas que nos agasallou Zapatocas para telos listos e poder empregalos o vindeiro martes. Vaia sorpresa que vai levar cando vexa o coloridos que quedaron!






COMEFROITAS DE SETEMBRO

 Xa temos as primeiras Comefroitas do curso! Parabéns, mociñas!





E máis Comefroitas!