A árbore de Nadal da biblioteca tíñanos preparado un novo libro sorpresa: Magia. Un conto que nos axuda a descubrir a maxia que hai dentro de nós e nos anima a seguir aprendendo algo novo cada día.

Imaxe: Ricardo Liniers Siri
martes, 30 de novembro de 2021
sábado, 27 de novembro de 2021
PINTANDO PARAUGAS
No xornal La Voz de Galicia limos que unha muller de Santiago pinta paraugas personalizados a man con pinceis e pinturas resistentes á luz e á auga. Gustounos moito! Vaia artista! Picade aquí para ler a noticia completa e ver un vídeo de Aurora sentada na Alameda de Santiago pintando As dúas Marías nun paraugas.
xoves, 25 de novembro de 2021
RELOXOS
Ao longo desta semana foron chegando fotos e vídeos de moitos tipos de reloxos. Estivemos mirándoas e comentando o que máis nos chamaba a atención: os debuxos, os diferentes tipos de números (en inglés, romanos) e a ausencia deles...
![]() |
Tenda de reloxos |
![]() |
Espertador |
![]() |
Reloxo de peto |
![]() |
Reloxo de parede |
![]() |
Reloxo de pulso |
![]() |
Reloxo de pulso sen números |
![]() |
Reloxo de parede con números romanos |
![]() |
Reloxo de area |
Reloxo de pulso sen números |
Reloxo de parede cos números escritos en inglés |
Reloxo dixital nunha nave espacial |
![]() |
Reloxo de parede con números romanos |
![]() |
Reloxo con péndulo e números romanos |
![]() |
Reloxo con péndulo |
![]() |
Reloxos de area |
![]() |
Reloxo con clips para poñer notas en cada hora |
Espertador de Skye |
Espertador dos Minions |
![]() |
Reloxo de péndulo con números romanos |
![]() |
O reloxo de Tico |
Os sons dos reloxos e as alarmas encantáronnos.
Reloxos de pulso |
CULTURGAL 2021
NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO
O noso "tendal do amor", como lle chamou Xulia, encheuse de camisetas con palabras contra a violencia de xénero: igualdade, liberdade... e todas resumidas nunha: RESPECTO.
martes, 23 de novembro de 2021
UN NADAL INCLUSIVO
A árbore da biblioteca vístese de Nadal con bólas que agachan contos. Baixo o lema Un Nadal Inclusivo, as historias que iremos descubrindo falan de respecto e lugares onde sentirnos incluídos, aceptados e queridos.
Guyi Guyi naceu nunha familia de parrulos pero el non é un parrulo. Os seus irmáns e mamá quéreno e acéptano tal como é e Guyi Guyi é feliz.
luns, 22 de novembro de 2021
O PARACAÍDAS DE LEONARDO DA VINCI
Un dos inventos de Leonardo que máis nos chamou a atención foi o paracaídas. Comparamos fotos dos paracaídas actuais co deseño de Leonardo da Vinci para ver as diferenzas e despois coa profe Olalla fixemos un para probar. Mirade como voa!
![]() |
Paracaídas de Leonardo da Vinci |
![]() |
Paracaídas actual |
venres, 19 de novembro de 2021
A MALETA DE XULIO VERNE
Esta mañá apareceu unha maleta na escola. Para que serve unha maleta? Para ir de viaxe! Quen a deixaría? Ninguén sabía nada. Que haberá dentro? Ladrillos, peluches, unha almofada, unha manta, unha toalla, xoguetes, bocadillos, pedras, vasos...
Por fin abrímola e dentro atopamos...
Miramos na nosa aula. Nós temos un reloxo? Pois si. Un reloxo de parede que nos axuda a saber cal é a hora de entrada, a hora da merenda, a hora do patio, a da saída...
xoves, 18 de novembro de 2021
A VOLTAS CO HOME DE VITRUVIO
Nicolás de Vitruvio, Sofía de Vitruvio, Rodrigo de Vitruvio... Hoxe xogamos coas fotos que fixemos nas dúas posicións do Home de Vitruvio: coma unha letra T metidos nun cadrado e coma unha letra X ou unha estrela metidos nun círculo.
Fixemos un xogo de memoria para compoñelos, creamos un círculo e un "cadrado" coas pezas para metelos dentro, contámolos, fixemos unha ringleira collidos das mans, unha roda... Non sabedes cantos xogos se nos ocurriron!
IMANTADOS
martes, 16 de novembro de 2021
A MONA LISA
No recuncho da biblioteca de Leonardo da Vinci hai un libro que se titula La Mona Lisa, ¡Mira qué arte!, escrito por Patricia Geis. Grazas a el soubemos que A Mona Lisa está no museo do Louvre en París e que hai uns anos foi roubado, aparecendo tempo despois nunha maleta. É un cadro tan famoso que moita xente fixo versións, adicoulle cancións e poemas e ata o empregan para estampar en bolsos e roupa.
Nós tamén quixemos facer a nosa propia versión da Mona Lisa. Quedaron xeniais!
luns, 15 de novembro de 2021
VOLCÁNS
Levamos tempo escoitando e vendo nas noticias o que ocurre co volcán Cumbre Vieja na illa da Palma. Vimos un pequeno vídeo explicativo de como un volcán entra en erupción e despois con bicarbonato, colorante e vinagre simulámola. Como experimento gustounos moito pero tamén sabemos que a realidade que vive a xente da Palma é moi dura. Desde aquí mandámoslles moitos ánimos. Esperamos que axiña poidan refacer as súas vidas.
COMUNICANDO CORES
Fixemos un experimento para comprobar que pasaría se comunicáramos vasos con auga de diferentes cores con pontes de papel de servilleta. Formulamos hipóteses antes de comezar e puxémonos mans á obra. Sabedes o que pasou?
![]() |
Resultado final dous días despois. |
![]() |
O arco da vella que se formou no chan cando o sol pasou a través dos vasos con auga de cores. |
sábado, 13 de novembro de 2021
PASTA DE SAL DE COR...
Quixemos probar que ocurriría se á auga para facer pasta de sal lle engadíamos cor. Collimos colorantes alimentarios e votamos: vermello ou azul? Gañou o azul e engadimos cinco pingas azuis á auga. Mesturamos sal e fariña, engadimos a auga azul e...sabedes que pasou? Que a pasta non quedou azul! Quedou verde clariña! Miramos na parte traseira do envase dos colorantes e descubrimos que para obter cor azul tiñamos que ter engadido 12 pingas! Estas cousas ocurren na ciencia. Cantas veces non se fan descubrimentos importantes a partir de erros!
xoves, 11 de novembro de 2021
E SE FACEMOS UN PUZLE?
Tiñamos na escola unha lámina cunha cidade monstruosa moi interesante: casas con bocas, pantasmas saíndo das chemineas, helicópteros con linguas de serpe, dados xigantes na rúa... Despois de observala moi atentamente cortámola en 16 pezas cadradas e repartímolas para pintalas. "A miña vai coa túa", "Eu teño a parte que lle falta á túa", "Mira cal me tocou a min!"... Ao acabar de pintar todas tentamos recompoñer a lámina e...que difícil foi! Pero ao final conseguímolo e pegámola na porta. Vaia equipo de "puzleros" que estamos feitos!
mércores, 10 de novembro de 2021
APARECEU O HOME DE VITRUVIO!
Rodrigo e Nicolás atoparon a moeda italiana dun euro co home de Vitruvio. Non o podiamos crer! Tocámola e ao comprobar que estaba el relevo tentamos pasala a un papel pasándolle con coidado unha cera. O home de Vitruvio de cores!