Coas fotos da saída de hoxe damos por rematado o segundo trimestre do curso. Voltamos o martes 3 de abril (en Leiro). Felices vacacións!
venres, 23 de marzo de 2018
xoves, 22 de marzo de 2018
martes, 20 de marzo de 2018
XOHANA TORRES: POLO MAR VAN AS SARDIÑAS
Hoxe na Biblioteca de Leiro limos Polo mar van as sardiñas, da escritora Xohana Torres. Pequeno Antón viaxa a xunto do tío Manoel para coñecer o mar e o oficio de mariñeiro. Con el aprenderá como se pescan as sardiñas.
Xohana Torres por Laxeiro |
luns, 19 de marzo de 2018
TRABALINGUAS
Co gallo do Día da narración oral, que se celebra cada ano o 20 de marzo, imos aprender trabalinguas. Se queredes saber máis, na páxina da Orella Pendella podedes atopalos.
O MONSTRO DE CORES E DRACO
Encántanos o libro do Monstro de cores. Témolo no cole e a semana pasada Lois trouxo a edición pop-up que nos entusiasmou. O que non sabiamos é que a Draco pasoulle un día igual que a el e apareceu coas emocións todas revoltas. Pero nós axudámolo a ordealas para sentirse mellor.
xoves, 15 de marzo de 2018
QUEN SON? O PEIXE
Grazas a este libro coñecemos cinco peixes exóticos que un neno ten de mascotas e que coida: barrigudo, cebra, beta, disco vermello e tetra-cardeal van chegando ao acuario e formando parte da familia.
mércores, 14 de marzo de 2018
CALENDARIO DE ARTE 2018-2019: SOROLLA E O MAR
Imos comezar o noso Calendario de Arte para o vindeiro curso 2018-2019. Joaquín Sorolla é o artista elixido. Achegarémonos á súa vida e á súa obra de aquí a final de curso.
martes, 13 de marzo de 2018
RECUNCHO DE MULLERES
Continuamos coñecendo mulleres destacadas da historia. Na biblioteca fíxose un recuncho cunha chea de libros de biografías de grandes mulleres e hoxe limos a de Frida Kahlo da colección Pequeña&Grande, da editorial Alba. Gustounos moitísimo.
luns, 12 de marzo de 2018
xoves, 8 de marzo de 2018
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Hoxe, día 8 de marzo, no calendario viña un carteliño que Alba leu: Día Internacional da muller. Falamos do que significa este día, miramos na prensa as noticias que viñan cunha fita morada e un 8M e reflexionamos sobre moitas inxustizas que lles ocorren ás mulleres só polo feito de ser muller e que non entendemos como poden ser posibles. Pensamos nas mulleres ás que máis queremos: as nosas nais, as nosas avoas, as nosas irmás, nós mesmas...e comprometímonos a traballar para que cada vez haxa máis igualdade.
mércores, 7 de marzo de 2018
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)