Máis información picando aquí.
sábado, 24 de xuño de 2017
venres, 23 de xuño de 2017
FESTA FIN DE CURSO
Hoxe despedimos o curso cunha festa en Sisán. Xogos para empezar a mañá, contacontos de Andrea da man da ANPA do CRA, merenda que trouxeron as familias e actuacións de todas as escolas. Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración e participación ao longo do curso, á ANPA pola súa axuda e propostas e ás nenas e nenos do CRA, protagonistas principais de todo o que facemos. Un bico grande e moi feliz verán!
Non deixedes de estar atentos ao blog do cole e ás portas das escolas para estar informados de posibles novidades!
PROMOCIÓN 2014-2017
Noraboa Hugo e Uriel!! Acabades a Etapa de Educación Infantil e en setembro comezaredes a de Primaria. Unha nova aventura que desexamos que a disfrutedes moito. Grazas por formar parte da nosa escola e da nosa vida! Agardamos que nos veñades a visitar o vindeiro curso e que nos contedes unha chea de novidades. Feliz verán!
xoves, 22 de xuño de 2017
REVISTA ZAPATOCAS Nº 16
Hoxe chegou da imprenta o número 16 da nosa revista escolar Zapatocas. Un resumo completo de todo o que fixemos no CRA de Ribadumia ao longo do curso 2016-17.
ÚLTIMO DÍA DO CURSO 2016-17 NA ESCOLA DE RIBADUMIA
mércores, 21 de xuño de 2017
I DE ILLAS ATLÁNTICAS
Hoxe falamos das Illas que forman o Parque Nacional Marítimo -Terrestre das Illas Atlánticas: Cortegada, Sálvora, Ons e Cíes. Vimos en que Ría estaba ubicado cada arquipélago e coñecimos as Cíes vendo o vídeo.
Agora que están a piques de comezar as vacacións de verán, podedes aproveitar para visitar algunha e pasar unha xornada inolvidable en familia.
HERBAS DO SAN XOÁN
Nesta páxina atopamos información sobre a noite de San Xoán e as tradicións asociadas a ela. Buscamos o libro que fixeramos no cole "A noite de San Xoán" aló polo 2012 e lémolo unha vez máis. E tamén escoitamos cancións que falan desta noite máxica: San Juan, de Xoel López e Uah Lúa de Luar na Lubre.
martes, 20 de xuño de 2017
sábado, 17 de xuño de 2017
xoves, 15 de xuño de 2017
L DE LINGUA
No cole empregamos moitas linguas para comunicarnos: galego, castelán, inglés... Hoxe coñecimos a Lingua de Signos, a que empregan as persoas xordas para comunicarse. Neste vídeo vimos e aprendimos unha chea de nomes de animais en Lingua de Signos. Gustounos moito aprendelos!
mércores, 14 de xuño de 2017
A LARANXA MÁIS LARANXA DE TÓDALAS LARANXAS
Na biblioteca de Leiro estivemos lendo A Laranxa máis laranxa de tódalas laranxas, unha obra de teatro de Carlos Casares. Falamos do que era unha obra de teatro, se alguén fora ver algunha... E despois vimos o vídeo da adaptación que fixeron os nenos e nenas do CEIP Antonio Fernández López.
venres, 9 de xuño de 2017
CONVIVENCIA NO CPI JULIA BECERRA MALVAR
Hoxe os nenos e nenas de 5 anos de todas as escolas do CRA foron coñecer o CPI Julia Becerra Malvar coas titoras e pasar unha xornada de convivencia cos nenos e nenas de 5 anos de alí que tamén pasan para Primaria o curso que vén.
O MEU NOME EN BRAILLE
Lembrades cando fixeramos os obradoiros dos sentidos en novembro, mes da ciencia? Pois o outro día falamos do Alfabeto Braille, o que empregan as persoas cegas para ler e escribir. Coñecimos o alfabeto e probamos a compoñer o noso nome e despois lelo cos ollos pechados. Non é nada doado!
ENCRUCILLADO DE BIVALVOS
Non tivemos máis que ir buscar a nosa tenda e lembrar como se chamaban os bivalvos que aparecían no encrucillado.
Despois xogamos a facer trasvases de auga coas cunchas de vieira!
BREIXO COMPLETA O ÁLBUM DE BOCATAS DE LATA
LUÍS SEOANE DESEÑADOR DE OBXECTOS CERÁMICOS
E nós convertidos en deseñadores de obxectos tan bonitos coma este colgante de plastilina, palillos e cunchas de ameixas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)