Hoxe celebramos a festa dos Maios en Leiro acompañados dos nenos e nenas de todo o CRA e das nosas familias. Moitas grazas a todas por participar, pola merenda que preparastes e polas aportacións para facer o Maio.
Ao longo da mañá enfiamos pampullos para o Maio, aprendimos sobre música tradicional coas pandeireteiras e bailamos e cantamos coa música dos gaiteiros. Moitísimas grazas ás pandeireteiras polo voso obradoiro: aprendimos e pasámolo moi ben. E moitas grazas á ANPA pola decoración que con tanto agarimo prepararon, pola axuda para vestir o Maio e por convidar os Demos da Petaca para poñer o punto final á nosa festa. E sempre moitas grazas á profe Olalla polo traballo nas aulas coa canción do Maio. Que ben o fixemos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario