A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer unha libélula, tamén chamada cabaliño do demo. Moitas grazas a todas por participar! Chegaron voando!
Hoxe veunos visitar Nieves, a avoa de Rodrigo. Xa sabíamos que nos ía traer coelliños e estábamos tan ilusionados que non nos daba chegado a hora. Que emoción cando a vimos aparecer pola porta con aquela caixa grande! Dentro estaban a mamá coella e oito coelliños de cores: castaños, grises, brancos, con manchas... Puidemos acariñalos, collelos no colo e xogar con eles no patio. Algún ata se animou a pegar uns chimpos e comer algunha herba. Marcharon para á casa cargados de mimos! E antes de irse, Nieves e Lorena, a nai de Rodrigo, repartíronnos uns coelliños de cores para levar de recordo. Moitísimas grazas pola túa visita, Nieves, e por preparala con tanto agarimo. Esperamos que o pasaras tan ben coma nós.
A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer unha eiruga moi larpeira, como a do conto que contamos hoxe, e darlle así a benvida á primavera. Moitas grazas a todas por participar!
Picando na imaxe podedes ir ao vídeo do conto. Sabedes que o autor chámase Eric igual que o noso compañeiro? Canta ilusión nos fixo recoñecer o seu nome na portada do libro!
O mércores tivemos a visita de Rosa, a avoa de Eric. Contounos que lle gusta moito cantar e que hai anos cantaba nunha orquestra. Amosounos fotos subida ao escenario co micrófono e cantounos unha canción preciosa adicada ao seu neto Eric. Que atentos estábamos escoitándoa!
Tamén nos contou o conto: Bos días, avoa, que nos deu para comentar canto queremos as nosas avoas e o ben que o pasamos compartindo tempo e aventuras con elas: cociñar, xogar, debuxar, xantar, regar as plantas... Non hai nada que se lles resista ás nosas superavoas!
E para rematar, agasallounos cun pompeiro para cada un e nós lle fixemos uns debuxos para que levase de recordo. Moitas grazas pola túa visita, Rosa! Encantounos compartir este ratiño contigo! Esperamos que ti o pasases tan ben coma nós.
O luns visitounos Ana, a avoa de Adán. Viña cargada con fotos, un globo terráqueo e un conto para cada un. Amosounos as fotos de cando era nena, contounos que naceu moi lonxe de aquí, nun país que se chama Uruguay e que nos axudou a situar no globo terráqueo. Aos doce anos veu para Cambados coa súa familia nunha longa viaxe en avión da que lembra que comeu moitos xeados. Cando chegou non lle gustou moito o que atopou, afeita como viña a vivir nunha capital. Pero despois comezou a ir á escola, fixo moitos amigos e pasou a sentirse moito mellor. Con Adán sempre está compartindo aventuras: xogan ás cartas, fan manualidades e ata carreiras de coches. Xa están preparando a súa vindeira aventura xuntos. Cal será esta vez?
Moitísimas grazas pola túa visita, Ana. Encantounos que viñeras ao cole. Pasámolo moooooi ben. Esperamos que che gustaran os nosos debuxos!
A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer unha pizza do incrible Hulk, o superheroe máis forzudo e verde de todos. O ingrediente estrela eran as espinacas. Moitas grazas a todas por participar! Quedaron incribles!