
Imaxe: Ricardo Liniers Siri
xoves, 19 de xuño de 2025
mércores, 18 de xuño de 2025
CANTO VOS QUEREMOS, AVOAS!
Aló polo mes de marzo celebramos o Día da Muller facéndolles unha entrevistas ás nosas avoas para coñecelas un pouco mellor: cal é a súa cor favorita? A que lugar lle gustaría viaxar? Unha canción que lle guste, Cal era o seu conto favorito de pequena?, E a súa comida favorita? Se fose un animal, cal sería?, Que é o que máis lle gusta facer? Que programa da tele lle gusta máis?
Aquelas entrevistas convertímolas nun libro que mañá levaremos para agasallar as nosas avoas. Rosa, Nieves, Carmen, Lola, Mari, Ana, Mariña, Delia, Marina, Lourdes, Lola, Victoria, Lola, esperamos que vos guste!
CONTACONTOS INCLUSIVO DE GOTAS
Hoxe xuntámonos en Leiro nunha xornada de convivencia e participamos nun contacontos inclusivo organizado pola asociación GOTAS. Moitas grazas por vir! Pasámolo xenial!
Por un mundo onde todas as persoas poidamos ser libres e felices.
luns, 16 de xuño de 2025
domingo, 15 de xuño de 2025
XEADOS DE VERÁN!
Hoxe chegamos á última receita do noso obradoiro de cociña cunha receita moi de verán: xeados! Moitas grazas a todas as familias por participar ao longo do curso na proposta de cada fin de semana. Que ben o pasamos descubrindo os ingredientes secretos, buscando alternativas, descubrindo novos sabores... Sodes as mellores!
![]() |
Carmen preparando os seus xeados |
![]() |
Saben a verán! Bo proveito, Carmen! |
![]() |
Eric e os seus xeados |
![]() |
Dani e os seus xeados |
xoves, 12 de xuño de 2025
CALENDARIO DE ARTE 25-26: FENÓMENAS DO RURAL
O Calendario de arte do curso 25-26 quixemos adicarllo ás Fenómenas do Rural do artista Yoseba MP. Con el achegámonos a 12 superavoas e a 12 contos relacionados co tema que trata cada mural: as mulleres e o fútbol, a problemática dos incendios no rural, a tradición oral e a música tradicional, o traballo das percebeiras... Canto aprendimos!
martes, 10 de xuño de 2025
A LEITUGA DE ALEXIA... LISTA PARA COMER!
Pero canto medrou a leituga de Alexia! Xa está lista para facer unha ensalada ben saborosa! Moitas grazas por compartir a foto con nós.