venres, 20 de xuño de 2025

FESTA DE FIN DE CURSO 2024-25

 


Hoxe celebramos a festa de fin de curso na escola de Sisán. Xogamos, cantamos, bailamos e disfrutamos dunha xornada na que non faltou detalle. Moitas grazas ás familias pola merenda! Estaba todo ben saboroso! E moitas grazas ás nais da ANPA que con tanto agarimo prepararon o teatriño con sorpresa final en forma de Batmóbil! Tamén moitas grazas a Javi Solla polo seu espectáculo e á profe Olalla pola actuación final. Estiveron xenial! E sempre grazas, familias, pola vosa participación. Que teñades un feliz verán e vémonos en setembro!


















Ningún comentario:

Publicar un comentario