martes, 26 de xaneiro de 2021

ERIC CARLE ILUSTRADOR

 



Hoxe na biblioteca achegámonos ao mundo da ilustración do artista Eric Carle. Temos un recuncho con varios libros ilustrados por el e aproveitamos para meternos no seu obradoiro e coñecer as técnicas que emprega. Queredes coñecelas vós tamén? Pois mirade o vídeo.


Despois vimos noutro vídeo como se poden empregar obxectos habituais que atopamos nas nosas casas para pintar: algodón, unha esponxa, unha pinza da roupa, un bastón de limpar as orellas, unha oveira...



 

 A verdade é que nos gustou tanto o que vimos que estamos desexando probar nós tamén no cole.
Para rematar contamos o conto Unha eiruga moi larpeira, de Eric Carle. Falamos da METAMORFOSE, de Maria Sibylla Merian e xogamos a ser eiruguiñas. 





Ningún comentario:

Publicar un comentario