xoves, 21 de xuño de 2018

GRAZAS PROFE MARÍA. QUERÉMOSTE!


Ás veces ocurre que na vida te cruzas con persoas que deixan pegada. Persoas que aparecen un bo día e sen darte conta “conectas” con elas. E ves que xunto a elas todo flúe, que traballas a gusto, que compartes pensamentos sen falar, que os seus nenos e nenas son un pouco teus e os teus un pouco dela, que cando dubidas dáche o empurrón que necesitas, que sempre ten unha man para axudarche… Esa persoa é a profe María. Ao longo de sete anos traballou polo cole tanto que é imposible poñelo en palabras. Foi profe, directora, compañeira e amiga. Quitou tempo de onde non o tiña, folgos de onde case non había e tirou para adiante en momentos difíciles. Tivo éxitos, tamén erros (quen non os ten?) pero é innegable que se esforzou cada día en facelo o mellor posible.
Porque es especial, porque es boa xente, por deixar pegada nas vidas dos nenos e nenas que foron pasando pola Escola de Ribadumia ao longo de todos estes anos e axudarnos a medrar como persoas, queremos darche as grazas. Querémoste, Profe María! Moita sorte na túa nova aventura!

Ningún comentario:

Publicar un comentario