martes, 26 de febreiro de 2013

HOXE MERENDAMOS...ROLO VEXETAL!


Coas leitugas que plantamos coa profe Ana na horta como ingrediente estrela, fixemos un ROLO VEXETAL para merendar hoxe en Leiro. A receita é sinxela: só necesitamos unha plancha de biscoito e ir engadindo o resto dos ingredientes por capas: queixo de untar, xamón cocido, atún, queixo en lonchas e leituga. Cando  os temos todos e con moito coidado, enrolamos o biscoito e envolvémolo con papel de aluminio ou film. Deixámolo reposar ata a hora da merenda (unha horiña e media) e logo cortamos e servimos. Houbo a quen lle encantou e non deixou nadiña, outros apartaron a leituga (que terá o verde que ten tan poucos amigos?) e outros miraban para o seu prato con cara de susto. Pero todos probamos, que é o que conta e algún ata descubriu que lle gustaba! Aquí vos deixamos algunha foto. Na GALERÍA subiranse moitas máis. Probade a facelo na casa cambiando algún ingrediente e xa nos diredes a receita do rico que vos saiu.

Ningún comentario:

Publicar un comentario