venres, 29 de abril de 2022

OS MAIOS

 Celebramos os Maios cun día de sol precioso e a música dos gaiteiros que nos mandou a ANPA do CRA de Ribadumia. Fixemos adobíos florais para o cabelo, vestimos o Maio en grupo, cantamos, bailamos...Benvido, Maio!























mércores, 27 de abril de 2022

SOPRA NESTE FURADIÑO

 O dragón da lenda de San Jorge e o dragón chinés xuntáronse para convertirse no noso dragón botafogo. Sopra e descubre como!











RODRIGO E ALICIA, REI E RAÍÑA COMEFROITAS

 Rodrigo e Alicia xa teñen cadansúa coroa Comefroitas do mes de abril. Parabéns, mociños!




martes, 26 de abril de 2022

PREPARANDO OS MAIOS

 


Lembrades a canción para cantarlle ao maio? Hoxe estivemos ensaiándoa e despois xogamos cos paus. Cantas construccións!










CH DE CHINA

 



Hoxe na biblioteca limos o libro Ch de China, co que aprendimos unha chea de vocabulario relacionado con este país. Despois xogamos ao bingo chinés!




luns, 25 de abril de 2022

LUCIANA, RAÍÑA COMEFROITAS

 Luciana xa ten a súa coroa de Raíña Comefroitas do mes de abril. Parabéns, Luci!!



venres, 22 de abril de 2022

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO

Para celebrar o Día do Libro levamos para á casa un marcapáxinas de Zapatocas, a mascota da nosa biblioteca, e un contiño sorpresa co que nos agasallou a ANPA do CRA de Ribadumia. Moitísimas grazas!




Luciana e Juan cos libriños sorpresa!









DESCUBRINDO A CHINA

 

Estivemos aprendendo algo máis sobre os pandas xigantes que viven na China. Sabedes que se alimentan de bambú e que cando nacen non teñen pelo e miden  tan só 15 centímetros?





xoves, 21 de abril de 2022

GUÍA DE LECTURAS PARA DAR A VOLTA AO MUNDO

 Na Semana do Libro, Zapatocas e o seu equipo de biblioteca presentan a GUÍA DE LECTURAS PARA DAR A VOLTA AO MUNDO. Unha chea de libros que podedes atopar na nosa biblioteca e que tedes á vosa disposición para consultar ou levar en empréstito. 






martes, 19 de abril de 2022

SEMANA DO LIBRO 2022

 O vindeiro sábado 23 de abril é o Día do Libro e nós temos varias sorpresas preparadas para celebralo. A primeira delas foi transformarnos nos protagonistas dos contos que temos na biblioteca. Buscamos as ilustracións e as portadas que máis nos gustaban, fomos facendo probas e...tachááááán!